Actualidade
Paideia analiza as posibilidades de prácticas formativas para mozos galegos en Alemaña.
Representantes do Ministerio Federal de Traballo e Asuntos Sociais alemán asisten en Paideia a unha reunión cos representantes das institucións galegas.
Unha delegación alemá encabezada pola Subdirectora do departamento do Fondo Social Europeo do Ministerio Federal de Traballo e Asuntos Sociais, Susanne Strehle, asiste a unha reunión convocada pola Presidenta de Paideia, Rosalía Mera e tres Directores Xerais da Xunta de Galicia , Ovidio Rodeiro de Xuventude e Voluntariado, José Manuel Pinal de Centros Educativos e RRHH, e Francisco Javier Rodríguez de Planificación e Fondos. A súa vez a Deputación de A Coruña está representada pola súa Vicepresidenta María Dolores Faraldo. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Eduativa estivo tamén representada pola Subdirectora de Orientación Profesional e Relación con Empresas Eugenia Pérez.
O asunto da convocatoria é o programa IdA financiado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo de IdA é facilitar a estancia en prácticas formativas en países de toda Europa de mozos alemáns pertencentes a colectivos desfavorecidos de cara a facilitar a súa posterior inserción laboral en Alemaña. E aínda que ata agora o programa IdA só contemplaba o envío de mozos alemáns ao extranxeiro, durante a reunión púsoxe en estudo a bidireccionalidade deste programa, de modo que os mozos galegos poidan tamén realizar prácticas formativas en Alemaña. Ata o momento, o programa IdA representou un éxito en canto aos resultados obtidos (reintegración no mercado laboral e en circuitos educativos e formativos).
En Galicia, a Fundación Paideia, socio de acollida neste programa, recibiu ata o momento a 98 mozos alemáns en prácticas nas comarcas de Barbanza, Sar, Muros e Noia desde finais do 2009. O proxecto “La IDA”, desenvolvido pola Fundación Paideia en colaboración co Institut IBI de Berlín, foi seleccionado entre un total de 69 proxectos como exemplo de boas prácticas. Rosalía Mera, presidenta da Fundación Paideia ha expuxo as claves do éxito aos representantes galegos, animando a “invertir” neste innovador programa.
Pola súa parte, no marco da reunión, a Subdirectora alemá do Fondo Social Europeo presentou unha proposta de convenio aos representantes galegos coas condicións e metodoloxía para a posible acollida de grupos de mozos galegos en Alemaña. A proposta alemá para a acollida de mozos de Galicia estaría dirixida a estancias prácticas formativas desde un mes ata tres meses, sendo varios os perfiles edcuativos e formativos dos mozos galegos que se seleccionarían. O Ministerio alemán dispón dunha erde de organizacións e empresas que facilitarían as estancias prácticas para os galegos. O instituto IBI foi seleccionado como coordinador de envío e acogida de mozos do programa IDA.
Por parte da Fundación Paideia , participaron no encontro Sandra Ortega (Vicepresidenta 1ª de Paideia e Directora de RRHH), Guillermo Vergara (Vicepresidente 2º e Director de Proxectos Europeos), María Cotón (Asesora Xurídica e Secretaria do Patronato de Paideia), e por parte do Institut IBI de Berlín, Christian Pfeffer Hoffmann, Martin Kuder e Cristina Faraco. FOTO: 1. Rosalia Mera. Presidenta da Fundación Paideia 2. Ovidio Rodeiro. Director Xeral de Xuventude e Voluntariado 3. José Manuel Pinal Rodríguez. Director Xeral de Centros e Recursos Humanos 4. Francisco Javier Rodriguez. Director Xeral de Planificación e Fondos 5. María Dolores Faraldo. Vicepresidenta da Deputación de A Coruña 6. Susanne Strehle. Subdirectora do Fondo Social Europeo (Ministerio Federal de Traballoey Asuntos Sociais Alemán) 7.. Eugenia Pérez. Subdirectora de Orientación Profesional e Relación con Empresas. 8.. Sabina Schlinke. Xefa de proxecto. Departamento do Fondo Social Euroeo Alemán. 10. Sandra Ortega. Vicepresidenta 1ª. Directora de Recursos Humanos e Proxectos de Emprego e Xuvenude. 11. Guillermo Vergara. Vicepresidente 2º. Director de Proxectos Europeos. 12. María Cotón. Asesora Xurídica dla Fundación Paideia e Secretaria do Patronato. 13. Cristina Faraco. Institut IBI. Alemaña. 14. Christian Pfeffer Hoffmann. Institut IBI. Alemaña. 15. Martin Kuder. Institut IBI. Alemaña


