Asociación DELOA
- Antecedentes
O voluntariado local como xerme da Asociación DELOA: Redevol (1995-2000)
Proxecto piloto promovido pola Fundación Paideia Galiza dirixido a solventar a dificultade de xerar iniciativas privadas de voluntariado no ámbito rural.Estableceu unha metodoloxía de traballo en rede e de achegamento técnico. Supuxo a implicación de Concellos coruñeses. Todos os concellos das comarcas de Barbanza e Sar que hoxe en día forman parte de DELOA participaron en Redevol.
Actualizar de forma conxunta os recursos do territorio: Obradoiro de Emprego (2000-2002)
Co nome de Obradoiro de Turismo, a Fundación Paideia Galiza realizou un diagnóstico previo, reflexando por escrito o estado das barreiras, necesidades e sectores do territorio. Diagnóstico que levou por título “aproximación á realidade socio-económica e ás percepcións dos actores locais”. Algunhas das integrantes do persoal técnico (mulleres residentes nos territorios participantes) pasarían a formar parte dos sucesivos proxectos de DELOA.
Nova sede da institución promotora no Territorio: Rehabilitación da antiga casa rectoral na Esclavitude-Padrón como sede de Paideia e da Asociación DELOA (2001)
A nova sede de Paideia no territorio simbolizou o compromiso co presente e o futuro, así coma o fortalecemento da propia aposta institucional.
A intervención, a consolidación e a fase Europea: enfoque abaixo-arriba.
A transnacionalidade
A muller como promotora e impulsora de cambios: o proxecto Grundtvig I (2002-2003)
Estudo-diagnose de ámbito transnacional sobre o perfil da muller do rural, beneficiarias ou demandantes de Servicios Sociais.
A temática da igualdade e a conciliación: o proxecto Equal I (2002-2004)
Proxecto de ámbito europeo dirixido a integrar medidas e recursos sociais en estratexias de xeración de emprego e de alternativas económicas, especialmente dirixidas á promoción das mulleres.
Do voluntariado local ó europeo: o programa Xuventude (2002-2009)
Posibilitou o intercambio de mozas/os voluntarias/os entre distintos países europeos. Na actualidade Paideia dispón dunha casa onda a súa sede no concello de Padrón, lugar de residencia de mozas/os de países europeos.
A revitalización e desenvolvemento endóxeno dos territorios: O proxecto Proder II (2000-2006)
Desenvolvemento sostido do medio rural, fortalecendo e diversificando a súa economía, fixando á poboación e conservando os recursos e espazos naturais. Impulso de sectores emerxentes, principalmente o turismo rural.
Mellorar a calidade de vida das mulleres: saúde sexual e reprodutiva (2004-2006)
Abrir un novo campo de traballo e oportunidades para as mulleres rurais, aproximándoas á formación, orientación e asesoramento en temas de igualdade de oportunidades e saúde sexual e reproductiva.
Redes de traballo innovadoras en turismo rural: o proxecto Equal II (2005-2007)
Permitiu profundizar na adaptabilidade do sector turístico seguindo o enfoque de xénero, o uso das novas tecnoloxías e a creación da primeira rede de traballo no sector para a comercialización conxunta de servizos e produtos turísticos. Hoxe en día, co nome de Ruralover, comercialízanse paquetes turísticos temáticos co soporte de tour operadores e Internet.


