Proxectos

 - Programa Leader


¿Qué é o Leader? 

O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

Territorio elixible 

Concellos de: Padrón, Rois, Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Riveira, Porto do Son, Lousame, Outes, Noia e Muros.

Quedan excluídas as entidades singulares de poboación de máis de 2.000 habitantes e parques empresariais sitos nos concellos non comprendidos nas Zonas de Reequilibrio do Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia 2007-2010. Exclúense, polo tanto, os núcleos de poboación de Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Palmeira e Santa Uxía de Riveira e os polígonos industriais de Riveira, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Medidas e orzamento do programa 


Medidas e orzamento

Beneficiarios 

Os proxectos poderán ser promovidos por:

  • Persoas físicas.
  • Persoas xurídicas de carácter privado: sociedades laborais, mercantís ou civís, sociedades agrarias de transformación, cooperativas, asociacións e fundacións.
  • Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
  • Comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades. 

Tipos de proxectos por medidas

As iniciativas deben estar emprazadas no ámbito territorial elixible, axustarse á normativa sectorial, ser finalistas e que o investimento non estea iniciado. Deben encadrarse nalgunha das seguintes medidas:



 4.1.1 AUMENTO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR AGRARIO E FORESTAL

Investimentos no sector agrario: Introdución de novas técnicas de produción. Recuperación de variedades tradicionais. Apoio a novas producións. Producións extensivas en áreas ambientalmente sensibles. Mellora da eficiencia enerxética e aplicación das TIC.

Aumento do valor económico dos montes: Actuacións singulares en MVMC ou asociacións de propietarios. Mantemento e recuperación de sistemas silvopastorís en MVMC con finalidade produtiva.

Aumento do valor engadido dos productos agrarios e forestais: proxectos de transformación e comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos referidos no anexo I do Tratado. Proxectos de transformación e comercialización de produtos forestais.

Cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no sector agrario, alimentario e forestal.



 4.1.2 MELLORAS MEDIOAMBIENTAIS E DO CONTORNO RURAL

Investimentos non produtivos en explotacións agrarias, tales como: Mellora da paisaxe en Zonas Natura 2000 ou de alto valor natural. Recuperación de elementos históricos, naturais, culturais e patrimoniais  representativos da paisaxe agraria.

Investimentos non produtivos en espazos forestais, tales como: Restauración de ámbitos forestais de alto valor natural e paisaxístico e de conservación da biodiversidade. Fomento do uso social, educativo e recreativo dos montes.

Investimentos non produtivos para a adecuación, recuperación e posta en valor do patrimonio natural no contorno rural.



 4.1.3 DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA

Diversificación das explotacións agrarias cara a actividades non agrarias: Tranformación e venda de produtos agrarios ou especialidades locais na propia explotación. Elaboración e venda de produtos artesanais. Agroturismo. Servizos educativos, culturais, recreativos, ambientais asociados á valorización do patrimonio natural e/ou cultural ou ecosistemas agrarios e/ou forestais do territorio. Prestación de servizos á poboación.

Creación, ampliación e modernización de PEMES.

Fomento de actividades turísticas: Infraestruturas a pequena escala, tales como centros de información turística. Rutas de sendeirismo e outras infraestruturas turísticas. Desenvolvemento e/ou comercialización de novos produtos e servizos turísticos relacionados co turismo rural.

Servizos básicos para a economía e poboación rural.

Renovación e desenvolvemento de poboacións rurais e conservación e mellora do patrimonio rural: Mantemento, restauración e mellora do patrimonio natural, incluídos os proxectos de mantemento e recuperación de sistemas silvopastorís en MVMC sen finalidade produtiva. Desenvolvemento de lugares de alto valor natural. Investimentos relativos á restauración, mellora e posta en valor do patrimonio cultural.

 Formación vinculada a proxectos de investimento material.

 

En xeral, os gastos subvencionables comprenden:
  • Construción, adquisición e mellora de bens inmobles.
  • Instalación e compra de maquinaria e equipamentos, incluídos programas informáticos.
  • Equipamento e material non funxible.
  • Adquisición de terreos non edificados (límite do 10% do investimento subvencionable).
  • Custos xerais: estudos técnicos, gastos de proxectos, dirección de obra, estudos de viabilidade, adquisición e expedición de patentes e licenzas e outros gastos de consultoría relativos aos investimentos realizados (limite 20% do investimento subvencionable).
  • Gastos derivados da adecuación de vehículos de transporte de mercaderías para o desenvolvemento da actividade empresarial, con exclusión do sector do transporte.
  • Adquisición de vehículos de transporte industriais ou comerciais en proxectos que supoñan o inicio dunha actividade, con exclusión do sector do transporte.
Non serán subvencionables:
  • IVE excepto se non é recuperable.
  • Os demais impostos indirectos se son recuperables e os impostos persoais sobre a renda.
  • Gastos de funcionamento da actividade e material funxible.
  • Gastos de constitución, rexistrais e notariais.
  • Os intereses debedores.
  • Os gastos anteriores ao levantamento da acta de no inicio a excepción dos gastos relativos a estudos de viabilidade ou redacción de proxectos.
  • A reposición ou mera substitución de equipamento e maquinaria.
  • As obras de mantemento das instalación.
  • Os gastos de alugamento de equipamentos e os investimentos financiados mediante leasing.
  • Adquisición de vehículos de transporte externo en proxectos que non supoñan o inicio de unha actividade.
  • Os xuros, recargas e sancións administrativas.
  • Os gastos de procedementos xudiciais.
  • A compra de dereitos de produción agraria, animais e plantas anuais e a súa plantación.
  • As partidas de gastos xerais e o beneficio industrial dos proxectos, agás nos proxectos de promoción pública. 

A puntuación mínima dun proxecto para ser subvencionable será de 20 puntos.

Para os proxectos produtivos a porcentaxe mínima de axuda é do 20% e a máxima do 45%.

Para os proxectos non produtivos a porcentaxe mínima de axuda é do 40% e a máxima do 100%, 70% ou 50% dependendo de si se trata dun proxecto de prioridade alta, media ou baixa, segundo os criterios establecidos polo GDR.

Prazos e fases:



 

Documentación de interese para a presentación de solicitudes de axuda:

 


© 2009 Asociación Deloa C/ Esclavitude, s/n Padrón (A Coruña)