Proxectos

 - Áncora


ACCIÓNS GRATUÌTAS FINANCIADAS POLO FSE

 

 

Fundación Paideia Galiza, en colaboración coa Asociación de Desarrollo Local Deloa, pon en marcha o proxecto “ÁNCORA”, a través do programa Empleaverde; un programa iniciativa da Fundación Biodiversidad para a mellora do emprego e do medio ambiente, e a través da cual xestiónase a dotación económica do Programa Operativo Adaptabilidad e Emprego do Fondo Social Europeo.

Título:

Accións de sensibilización e información ambiental para  fomento da sostenibilidade no sector pesqueiro a través do turismo: ÁNCORA.

Período de execución:

01 novembro 2011 - 30 de agosto de 2012.

Territorio obxectivo:

Comarcas do Barbanza, Sar, Muros e Noia, así como as súas comarcas limítrofes das provincias de A Coruña e Pontevedra e a rexión cántabra.

Obxectivo do proxecto:

O obxectivo xeral do proxecto é o de fomentar o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro e do turismo rural nos territorios obxectivo. Preténdese contribuir á lucha contra o deterioro na calidade ambiental das rías e a sobreexplotación dos recursos pesqueiros.

Preténdese, o mismo tempo, presentar ao turismo pesqueiro como unha alternativa sostible e complementaria a súa actividade principal que poida servir de fonte de ingresos extraordinarios en épocas de baixos ingresos ou veda, e que supoña ademáis un reforzo para a débil oferta turística de ocio complementario nas comarcas.

De forma transversal ao proxecto, ambiciónase alentar o protagonismo da muller no desenvolvemento socioeconómico e na protección do medioambiente. Na identificación de iniciativas de turismo pesqueiro , a posibilidad de xeración de emprego femenino, terá especial atención.

Estructura:

Para a consecución dos mencionados obxectivos, establécense 3 líneas de traballo:

PRIMEIRA:

Edición de dous documentos de referencia, en base ao resultado dos grupos de discusión, traballo de campo e pertinente análisis diagnóstico, que poderán ser utilizados polos destinatarios como soporte no desenvolvemento de actividades de turismo pesqueiro e no cuidado medioambiental do medio marino. Os documentos son:

1. - Guía para o desenvolvemento de iniciativas de turismo pesqueiro.

2. - Manual de boas prácticas ambientais no turismo pesqueiro.

 

SEGUNDA:

De forma comprementaria e co obxecto de dar difusión, están programados un congreso e catro accións formativas presenciais, de 20 horas cada unha, en diferentes localidades do territorio obxectivo.

 

TERCEIRA:

Por último, de forma integral ao proxecto, contaráse cun soporte on-line (soporte o que usted está accedendo agora) que servirá como punto de encontro e debate para as destinatarias/os, facilitando ademáis o acceso aos materiais informativos e de divulgación facilitados no programa e servindo como plataforma na difusión das Formacións Presenciais e o Congreso.

 

Destinatarias/os:

Se trata principalmente de mulleres traballadoras no sector pesqueiro (subsectores de pesca, marisqueo, acuicultura, miticultura, conservas e industria de transformación, comercialización e outras industrias auxiliares), e no el sector do turismo rural, con idades comprendidas entre os 30 e os 55 anos, e residentes nas comarcas do Sar, Barbanza, Muros e Noia, así como as comarcas limítrofes a éstas, e na rexión de Cantabria.

 

 

ACCIÓNS GRATUÍTAS FINANCIADAS POLO FSE

 

 


© 2009 Asociación Deloa C/ Esclavitude, s/n Padrón (A Coruña)