Proxectos
- Creatinn
Título do proxecto
Bases para a construcción dun sistema de innovación transrexional en SUDOE, fundamentado na creatividade para a innovación das Empresas, co apoio das Universidades, Administracións Públicas e o ámbito social das rexións participantes: CREATINN
Introducción
O proxecto CREATINN ten como soporte teórico o concepto de sistema de innovación, e como base empírica, a experiencia de traballo das organizacións participantes no proxecto, e a clave está en contribuír a que os actores que operan actualmente en sistemas de innovación rexionais dean o salto á la transrexionalidade e poida chegar a consolidarse un verdadeiro sistema de innovación transrexional en SUDOE.
O proxecto CREATINN concentra a atención na creatividade e innovación nas Empresas, con fins de mellora da súa competitividade, co apoio dos compoñentes dos sistemas de innovación onde operan, nun ambiente de interacción transrexional en SUDOE.
Duración
2 anos ( Xaneiro 2011 - Decembro 2012 )
Ámbito
Galicia, Sevilla, País Vasco, Salamanca, e Cantabria en España
Aquitaine e Midi-Pyrénées en Francia
Rexión Centro de Portugal
Obxectivos
O obxectivo xeral do proxecto CREATINN é contribuir á creación de riqueza mediante o lanzamento dun instrumento de apoio sistemático á competitividade das Empresas en sectores estratégicos das rexións SUDOE participantes, sobre a base da creatividade e a innovación. Para iso, precísase a implicación de Universidades, Organismos de Investigación e Centros Tecnolóxicos, Administracións Públicas e a Sociedade, de modo que se poida chegar a constituír un sistema de innovación transrexional en SUDOE.
Os obxectivos operativos do proxecto CREATINN son os seguintes:
1- DETECCIÓN DE ACTORES EN INNOVACIÓN: Detectar Empresas e grupos de investigación de Universidades con potencial e interés en participar en accións de carácter transrexional.
2- SENSIBILIZACIÓN PARA A INNOVACIÓN: Implicar aos actores interesados nun calendario de actuacións baseadas na creatividade e a innovación cunha perspectiva transrexional en SUDOE.
3- FORMACIÓN NA METODOLOXÍA E INSTRUMENTOS: Aportar formación ao personal das organizacións participantes en metodoloxías e instrumentos de desenvolvemento da creatividade e xestión da innovación.
4- REFLEXIÓN SOBRE A CREATIVIDADE: Actuar directamente en Empresas interesadas para lograr a proposta de ideas creativas dirixidas á mellora da competitividade.
5- ELABORACIÓN DA AXENDA DE INNOVACIÓN: Elaborar una carteIera con propostas de proxectos de innovación de Empresas, a partir de ideas creativas e como aplicación de metodoloxías e instrumentos sobre xestión de innovación.
6- TRANSREXIONALIZACIÓN SISTÉMICA: Construír as bases do sistema de innovación transrexional, nas súas dimensións organizacional, institucional e social.


