Proxectos

 - La Ida


Estes mozos realizan períodos de prácticas de entre 1 e 3 meses en institucións e empresas relacionadas co turismo, a hostelería, a restauración, a xardinería, etc. das comarcas de Sar, Barbanza, Muros e Noia. Ademais da experiencia profesional, estes mozos reciben unha formación intensiva en español, consistente en clases prácticas de conversación, especialmente dirixidas aos seus ámbitos profesionais.

 


Parte importante da experiencia destes mozos é tamén o coñecemento da cultura española e, neste caso, galega. De aí que durante as fins de semana se organicen actividades culturais e de ocio que lles permitan coñecer máis a fondo diversas localidades de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña, dunas de Corrubedo, Noia, Muros, Padrón, Rianxo,… ), así como o noso patrimonio cultural e natural (Castro de Baroña, Parque natural de Corrubedo,…).

A rede de turismo rural RURALOVER é a encargada da loxística da estadía destes mozos, que inclúe a selección do aloxamento, a manutención, os traslados aos lugares de prácticas, así como a organización das clases lingüísticas e das excursións formativas. Durante a súa estadía, os mozos e mais os seus titores alóxanse en establecementos de turismo rural pertencentes á rede RURALOVER.

 


© 2009 Asociación Deloa C/ Esclavitude, s/n Padrón (A Coruña)