Proxectos
- Ruralover
Aloxamentos:

Casa de labranza tradicional galega, plenamente restaurada, onde o visitante poderá gozar de todo sos servizos e comodidades do mellor hotel. Unha oportunidade única para coñecer os encantos do mundo rural que rodea o ambiente do lugar. Poderá tamén degustar os exquisitos produtos gastronómicos da terra, a maioría dos cales son cultivados na propia horta da casa e preparados na súa cociña.

Sobre unha edificación do S.XIX, as reformas desta Casa fixéronse de xeito artesanal e con unha especial atención á recuperación de elementos orixinais, desde o respeto ás normativas de accesibilidade e mantendo o seu espírito orixinal. Emprazada nunha zona de fácil acceso e cunha larga lista de puntos de interese os seus arredores, ofrece unha opción de ocio polivalente co que poder cubrir as expectativas máis esixentes. Casa do Prado é o resultado do amor polas cousas de sempre.
Hotel rústico e con encanto nunha antiga casa de labranza típica galega, emprazado a escasos kilómetros de Santiago de Compostela. Mantén o sabor dunha edificación rústica, coa solidez dos seus muros e a calidez que lle aportan os materiais nobres, como a madeira e a pedra, agora recuperados na súa rehabilitación. Dispón de salóns espazosos onde descansar, con cheminea, sala de lecturas, salón comedor e 5 habitacións e unha esmerada decoración.

A Parada de Francos está situada no evocador enclave de Rúa de Francos, moi próximo a Santiago, ofrecéndolle todo o encanto dunha vivenda tradicional galega e dunha paisaxe natural. As habitacións, decoradas e amobladas dun modo acorde coa arquitectura típica da casa, dispoñen de toda clase de comodidades para satisfacer aos nosos clientes, ademais conta cunha emblemática carballeira rodeando a Casa. Ofrece a posibilidade de realizar a última etapa do Camiño Portugués a Santiago.

Esta antiga casa de labranza, con mais de 200 anos de antigüidade e hoxe totalmente reformada, sitúase no Val de A Mahía, o entorno onde naceu e creceu a coñecida poetisa galega Rosalía de Castro. Durante a estadía no Hotel Casa Rosalía, recibirá un trato familiar á vez que profesional, e gozará das tardes de inverno ao calor da cheminea e das tardes de verán no xardín e na piscina.

O seu contorno rural, privilexiada situación e un ambiente exclusivo fan desta Casa un verdadeiro paraíso. Contemplar e gozar do campo e do monte, cos seus aromas silvestres e naturais, sobre o terreo ou desde as súas balconadas ou sorprendentes miradores con preciosas panorámicas.

Esta situada no concello de Outes. As tres edificacións que constitúen a Casa foron construídas na primeira metade do S XIX e restauradas no ano 2005. Consta de 7 habitacións, todas elas con baño e ducha de hidromasaxe, unha delas adaptada a minusválidos e un apartamento, sala de reunións, sala de masaxes, 3 salóns, comedor, sauna, jacuzzi, patio cuberto, aparcadoiro e xardíns. A principal atracción desta casa son os seus servizos baseados no benestar.

Emprazado nunha antiga casa de labranza tradicional galega e rodeado dunha finca de 13.000 m2 con tres mananciais e unha produción de maceiras ecolóxicos, atópase o albergue turístico o Agriño de Berxaos. Os hóspedes que se acheguen a este lugar poderán disfrutar dunha paraxe galega cunha tranquilidade infinita.

Esta casa rural atópase rodeada de prados e bosques nunha pequena a poucos minutos da praia. É unha casa de pedra pintada de branco, que foi coidadosamente restaurada, mantendo tódolos elementos e encanto dunha casa de aldea galega antiga, pero con tódalas comodidades modernas. O comedor do seu restaurante conta cunha restauración mais innovadora, con solucións imaxinativas en elementos antigos. Ofrecemos unha estancia nunha paraxe incriblemente bela e cun trato familiar, pero distendido, para que disfrutes ao teu rimo. Dispón de 7 habitacións dobres, catro delas con baño de hidromasaxe todas moi luminosas e con vistas ao campo. Dúas abuhardilladas, con ventás no teito para que te durmas contemplando as estrelas.

Casa rural do século XIX situada en pleno val do Salnés e rodeada dunha magnífica paraxe natural, cunha extensa finca autóctona, monte e río, onde poder gozar do descanso, a tranquilidade e un estilo de vida diferente. Poderá disfrutar dunha estancia de calidade, coidada ao detalle. A casa consta de 5 habitacións dobres con baño, unha delas adaptada a minusválidos, salón comedor con cheminea… A calidade do mobiliario colonial combínase coa pedra ea s madeiras nobres nos cháns e teitos conseguindo un ambiente protector, agradable e equilibrado.

Situada moi cerca de Santiago de Compostela, esta casa conta con 9 habitacións exteriores, ademais de con amplos salóns para disfrutar dunha boa lectura mentres contempla o val do Ulla, cunha decoración rústica que lles transportará no tempo. Dispón dun comedor de hasta 30 prazas onde se poden degustar produtos caseiros. O entorno da casa ofrece a posibilidade de visitar diversos lugares ideais para o turismo rural e para a realización de diversas actividades ao aire libre.

Inaugurado no ano 2009 tras haber sido restaurado preservando o carácter nobre das súas dependencias, nas que se respira una intensa atmosfera de paz e acougo, sen renunciar ao confort e ás prestacións dun establecemento moderno. As fermosas vistas ao río Ulla e a 15 minutos das mellores praias, fan deste hotel un lugar de descanso privilexiado. O reducido número de habitacións (12 en total) e o trato persoal garanten unha estancia cómoda e en calma.

Casa solariega do S. XVIII que ofrece pola súa situación privilexiada, moi próxima a Santiago de Compostela, o lugar idóneo para “vivir” Santiago, coñecer Galicia e descansar en plena natureza. Dispón de 11 habitacións, biblioteca, comedor para ceas, salóns, sala de xogos e aparcadoiro. Nos seus xardíns de 15.000 m2, poderán descansar e gozar dun verdadeiro ambiente rural. A súa cociña tradicional con produtos da horta asegúranlle gozar dunha boa gastronomía.

Emprazado nunha finca chamada "Cidreiras", conta cunha extensión de 11.000 m2, rodeada de viñedos, árbores, zonas axardiñadas con xogos de exterior, grella xigante, hórreo, bodega artesá..., sen dúbida un lugar cun verde natural envexable, digno para descansar e desconectar do estrés diario. Este hotel rural con encanto, componse de cinco habitacións, todas elas con baño, calefacción, tv., nas zonas comúns, dispón dun salón social, onde relaxarse escoitando música, vendo a tele, xogando a xogos de mesa…


