Proxectos
- Ruralover
Outros servizos:

Trébore Transporte S.L. caracterízase por ser unha iniciativa empresarial innovadora de servizos de aluguer de vehículos con condutor dirixido a grupos reducidos con atención exclusiva, personalizada e de xestión directa, dispoñible a calquera hora e día.

O punto de amarre de TourNautic & Fishing está no Porto Deportivo de Rianxo, nas instalacións do Club Náutico. Realízanse Rutas marítimo-fluviais polos diferentes espazos naturais da Ría de Arousa. Ofrecen varias modalidades de pesca desde embarcación. Incluímos degustación gastronómica de produtos típicos galegos e posibilidade de preparación e degustación das capturas.

Empresa de turismo náutico especializada en travesías e rutas polas Rías galegas. A súa base está no porto de Aguiño, concello de Riveira. Dispoñen de varias embarcacións totalmente equipadas, para ofrecer ao cliente un servizo personalizado e buscar a mellor solución as súas necesidades. Ofrece a posibilidade de aluguer de embarcación con patrón, realización de travesías e rutas, excursións programadas para grupos e empresas, pesca con caña, observación da fauna mariña, etc.

O punto de amarre desta empresa está no porto de Vilagarcía de Arousa, aínda que tamén se recolle aos clientes en calquera punto da Ría de Arousa. Realízanse rutas marítimo-fluviais polos diferentes espazos naturais da Ría de Arousa, ofrecendo ademais varias modalidades de pesca. Conta con dúas embarcacións (vela e motor). Ofrece a posibilidade de alugar embarcacións con ou sen patrón.

Emprazado nunha fermosa paraxe natural, o "Restaurante Carboeiro" ofrece unha cociña tradicional con toques de vangarda. No comedor, dividido en dúas plantas, disfrútase dun ambiente moi acolledor donde sempre acompaña a música de jazz, que nas noites dos fins de semana é en vivo e se anuncian como "Ceas con jazz". Conta con capacidade para setenta comensais.

Situado no concello de Porto do Son, dispón dun comedor de pouca capacidade, o que o fai moi agradable e acolledor. Á entrada do local hai unha pequena barra na que se pode degustar a súa carta de viños, acompañados sempre da tapa do día. Da variada carta do comedor, destaca o bacallau das Monadas (premiado no II Concurso de cociña sobre a despensa tradicional galega), así como os seus postres, todos eles caseiros. Na carta tódolos pratos que están sinalados co logotipo “sen glute” poden ser inxeridos con total seguridade polas persoas celíacas.

Emprazado en Boiro, en primeira liña de praia con vistas á Ría de Arousa, dispón dunha ampla oferta gastronómica que abarca desde un esmerado servizo á carta, na que se mestura sofisticación e modernidade con tradición, hasta un menú do día toda a semana. Ademais poderá gozar de produtos típicos da terra, tostas, ración se táboas varias. Poñemos a disposición dos nosos clientes salóns para convencións e todo tipo de eventos, e unha pequena bodega ideal para reunións ou comidas privadas.

Cunha situación privilexiada, este restaurante caracterízase polo seu entorno verde y tranquilo e as súas maxestosas vistas do monte Tremuzo. Está situado no concello de Outes, a 42 km. de Santiago de Compostela e a un paso do mar. Por todo isto pódese clasificar como un lugar privilexiado, en tempo vacacional, ao atoparse nun entorno de mar e montaña. Foi inaugurado en 1950 e arredor da casa antiga foi crecendo e cambiando ao longo de tres xeracións e espera seguir facéndoo, pero sempre sen cambiar a filosofía dun negocio familiar que transmite confianza e bo trato, excelencia en materias primas e sobre todo familiaridade.

Proxecto de turismo mariñeiro impulsado pola Confraría de Pescadores de Portosín, mediante a cal se pretende dar a coñecer a complexidade do mundo da pesca e do mar a tódolos sectores da sociedade. O proxecto mostra o mar, a costa, as tradicións, a historia ea s lendas da vila de Portosín observadas, tanto desde a óptica dos actuais mariñeiros e mariscadores, como desde a perspectiva das xentes que dedicaron a súa vida ao mar en tempos pasados. Está aberto a todo o público en xeral, ofrecendo a posibilidade de realizar diversas visitas e participar en actividades prácticas que lles permitirán coñecer de forma directa a pesca e os pescadores de Portosín, así como o seu entorno físico e social.

Empresa de ocio e turismo activo situada en Padrón, que ofrece a posibilidade de realizar actividades tales como rafting, barranquismo, rutas en kayak, sendeirismo, rutas a cabalo ou Paintball.

Inscrita no Rexistro de artesáns da Xunta de Galicia, a artesá Herminia Rodríguez posúe un taller no concello de Boiro, no que realiza traxes tradicionais galegos e encaixes, todos eles realizados de maneira artesanal, sendo cada un deles únicos e irrepetibles xa que todo o proceso se realiza de maneira manual.


