Proxectos
- Programa Leader
¿Qué é o GDR Deloa?
O GDR Deloa é unha asociación sen fin de lucro, integrada por un conxunto equilibrado e representativo de institucións públicas e privadas que desexan implicarse no desenvolvemento do programa Leader das comarcas de Barbanza, Sar, Noia e Concello de Muros.
O GDR respetará o principio de portas abertas, tanto durante a súa constitución como ao longo de todo o período de execución do programa, admitindo a calquera entidade que queira participar neste proxecto, sempre que reúna todos os requisitos esixidos para adquirir a condición de asociado.
Funcións do GDR
O GDR ten como función principal executar o programa de desenvolvemento rural elaborado, presentado e seleccionado ao abeiro da convocatoria do Programa Leader de Galiza 2007-2013. Correspóndelle ao GDR:
- Informar e asesorar a poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa nel.
- Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.
- Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.
- Efectuar o control e seguimento da execución dos proxectos.
Estructura do GDR: Órganos de goberno
Os órganos de goberno da Asociación son a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva e as Mesas Sectoriais.
A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación. Estará integrada por todos os asociados.
A Xunta Directiva é o órgano con facultades xestoras, executivas e de representación da Asociación. Está constituída por 17 asociados, 7 pertencentes ao sector público e 10 ao sector privado.
As mesas sectoriais creánse para servir de canle participativa na asociación dos actores implicados no desenvolvemento do territorio e de canle informativa das actividades da Asociación. As mesas sectoriais de Deloa son as seguintes:
- Mesa das asociacións xuvenís e deportivas.
- Mesa das asociacións de mulleres.
- Mesa do sector agroforestal e medioambiental.
- Mesa das asociacións socioculturais e turismo.
- Mesa das asociacións de discapacitados e sociais.
- Mesa das asociacións empresariais.
- Mesa institucional.
O conxunto dos axentes do sector privado terán máis do 50 % dos votos.






