Proxectos

 - Besanas. Interreg Sudoe


O Programa de Cooperación Territorial do Espazo Sudoeste Europeo (SUDOE) apoia o desenvolvemento rexional a través da cofinanciación de proxectos transnacionais por medio do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Os actores públicos das rexións españolas, francesas, portuguesas e británicas (Xibraltar) poden contribuír ao crecemento e ao desenvolvemento sustentable deste Espazo Sudoeste europeo desenvolvendo proxectos de cooperación transnacional en materia de innovación, medio ambiente, novas tecnoloxías da información e desenvolvemento urbano sustentable. Traballando conxuntamente, estes actores rexionais contribúen a que o Sudoeste europeo alcance as estratexias da Unión europea en materia de crecemento, emprego e desenvolvemento sustentable.

A cooperación transnacional comezou no Espazo Sudoeste europeo coa Iniciativa Comunitaria INTERREG III B SUDOE. Emprazado no contexto do Obxectivo da Política rexional europea, o Programa de Cooperación Territorial INTERREG IV B SUDOE é o sucesor directo do Programa INTERREG III B SUDOE.

Esta nova xeración do Programa SUDOE foi elaborada polos catro Estados membros (España, Francia, Portugal e Xibraltar do Reino Unido) e forma parte, polo tanto, do Obxectivo de Cooperación territorial europea cofinanciado polos Fondos estruturais para o período 2007-2013.

Despois de elaborar unha análise do Sudoeste europeo sobre a demografía, as súas características socioeconómicas, medio ambientais etc., o principal obxectivo perseguido para desenvolver unha estratexia que valorice as súas fortalezas e corrixa as súas debilidades é o de consolidar o Sudoeste europeo como un Espazo de cooperación territorial nos ámbitos da competitividade e a innovación, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable e a ordenación espacial, que contribúa a asegurar unha integración harmoniosa e equilibrada das súas rexións, dentro dos obxectivos de cohesión económica e social da UE.


© 2009 Asociación Deloa C/ Esclavitude, s/n Padrón (A Coruña)