Proxectos

 - Interritmos


imaxe de exemplo

 

Título do proxecto:

Interritmos: Ritmos e Pobos.

Introducción:

A música tradicional é un dos patrimonios inmateriais máis cultivados do territorio Interritmos, onde existe una gran preocupación pola revalorización da música tradicional.

O patrimonio intanxible é vasto e corresponde á persoa, posto que cada individuo é portador do patrimonio da súa propia comunidade. A salvagarda deste patrimonio debe arrancar da iniciativa individual e recibir o apoio das asociacións , especialistas e instituciones; só así será tomada en consideración polas autoridades nacionais.

Ámbito:

278 munincipios encadrados en 8 provincias de Comunidades Autónomas de Galicia, Castela e León, Extremadura, Andalucía e Cantabria.

Duración:

4 anos (Xaneiro 2011- Novembro 2014).

Obxectivos xerais:

O1. - Valorización do patrimonio cultural dos espacios rurais.

O2. - Contribución á promoción turística na rede dos territorios, a través dos seus ritmos e músicas, visualizando e visibilizando a grupos e formacións musicais tradicionais, xeralmente non profesionais, como embaixadores das súas culturas e patrimonio e introducíndoos en estanzas ou paquetes turísticos xa existentes como medio de sostenibilidade, perdurabilidade e xerador de bens e empregos.

Obxectivos específicos:

OE1. - Analizar o potencial do patrimonio musical tradicional activado polos propios habitantes e poboación dos medios rurais implicados.

OE2. - Identificar aqueles grupos ou agrupacións con menores oportunidades de acceder a círculos comerciais, susceptibles de ser incluídos en paquetes turísticos culturais, así como facilitar la gravación e edición das músicas que interpretan.

OE3. - Impulsar a constitución de grupos o agrupacións musicais e/ou teatrais susceptibles de difundir e representar patrimonio inmaterial xerador de bens económicos.

OE4. - Impulsar o intercambio da producción e difusión musical, a través de produccións directas ou indirectas, tanto editoriais como discográficas.

OE5. - Constutuir un fondo de documentación musical para a recuperación de partituras e gravacións de interese artístico.

OE6. - Impulsar a edición dun repertorio musical interrexional entre os grupos ou agrupacións participantes, susceptibles de incluirse nas redes turísticas comerciais xa existentes.

OE7. - Fomentar o asociacionismo musical entre territorios: rede de agrupacións musicais interterritoriais.

Faro

OE8. - Impulsar a xeración de unha "marca interterritorial musical" como embaixadora dos territorios rurais implicados.

OE9. - Difundir e promover a música tradicional, realizando unha campaña de promoción dos territorios a través das súas músicas: repertorio musical Interritmos.

OE10. - Fomentar destinos turístuicos musicais de calidade, cunha oferta diferenciada e basada na música tradicional, a través do deseño de estanzas turísticas combinadas incluíndo a música e a teatralitación literaria como oferta complementaria.

OE11. - Favorecer a mellora na gobernabilidade das accións públicas e privadas relacionadas coa conservación e a sostenibilidade do patrimonio inmaterial en torno á música, a teatralización literaria e o baile tradicional. 

OE12. - Recuperar e manter o patrimonio oral do cancioneiro tradicional, e o das lendas ou historias populares susceptibles de musicalizar, así como as tradicións vinculadas a eles.

 


© 2009 Asociación Deloa C/ Esclavitude, s/n Padrón (A Coruña)