PRAZO ENMENDA INTERRITMOS SONS NO RURAL

Debido ao elevado número de participantes que presentaron un tema cunha duración inferior á establecida nas bases publicadas, os membros do xurado xunto coa organización, acordaron conceder un prazo aos participantes afectados de 3 días naturais (ata o sábado 29 de agosto de 2020, ás 23.59 horas), para que poidan emendar a duración dos temas presentados (duración de entre 4-5 minutos). En consecuencia, o FALLO DO XURADO, realizarase o 3 de setembro de 2020.

CORRECCIÓN ERRO NOTICIA PUBLICADA

En relación á noticia publicada o 30 de xullo de 2020, no apartado Noticias da páxina web da Asociación de Desarrollo Local Deloa, relativa a Interritmos Sons no Rural
Onde di: “Para poder participar, os solistas e grupos candidatos deberán subir un tema (dunha duración máxima de 2 minutos 30 segundos)” con arranxo as Bases publicadas debería dicir: “Para poder participar, os solistas e grupos candidatos deberán subir un tema (dunha duración de entre 4-5 minutos)”
Máis información: https://www.interritmosdeloa.es