FORMACIÓN MÁRKETING DIXITAL

A Fundación Paideia Galiza xunto á EOI – Escuela de Organización Industrial e á Deputación da Coruña, veñen de abrir a inscrición no programa formativo “Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo”. Este programa formativo, dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego, levarase a cabo de xeito presencial entre os meses de setembro e decembro, e poderá realizarse nos concellos de Boiro e As Pontes de García Rodríguez.

Empregate en Verde

A Asociación Deloa levará a cabo unha segunda edición do programa de emprego xuvenil, Emprégate en Verde, que tendrá lugar nos meses de outubro e novembro en Padrón e Teo. A través desta formación, mozas e mozos de entre 16 e 29 anos realizarán un percorrido formativo por 4 oficios diferentes:

• Horta ecolóxica
• Panadaría e pastelería
• Cociña e restauración
• Atención en sala

INTERRITMOS: SONS DO RURAL

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL E DE RAÍZ

• INTERRITMOS: SONS DO RURAL, regresa cun circuíto musical ao vivo de grupos e bandas de diferentes estilos musicais, con base na música tradicional e de raíz galega.
• Nesta edición, INTERRITMOS é promovido por 3 Grupos de Desenvolvemento Rural: a Asociación de Desarrollo Local DELOA, promotora das anteriores edicións, o GDR Salnés-Ulla-Umia e o GDR Ribeira Sacra-Courel.
• INTERRITMOS busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.
• De entre todos os inscritos seleccionaranse 6 finalistas que participarán nun ENCONTRO MUSICAL no Náutico de San Vicente do Mar, O Grove.