Interritmos: Sons Do Rural, Un Proxecto De Traballo En Rede Que Busca Promover A Cultura Como Motor De Desenvolvemento Territorial
INTERRITMOS SONS DO RURAL, na súa edición de 2021, desenvolveuse como un proxecto de traballo en rede, promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel, entidades colaboradoras da Consellería de Medio Rural en virtude do convenio firmado coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), no marco da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 e que busca a potenciación do patrimonio musical galego.