INTERRITMOS: SONS DO RURAL
Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel, todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local na medida Leader de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no Concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.