A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA E A FUNDACIÓN EOI IMPULSAN UNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A PROMOTORES E EMPRENDEDORES/AS CULTURAIS NO RURAL GALEGO

• Os Espazos Coworking Go2Work son programas de desenvolvemento profesional cofinanciados polo Fondo Social Europeo sen custo para os seus participantes.

• O primeiro Espazo Coworking Go2Work dedicado ao emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural 2022 está aberto a persoas, grupos, asociacións ou profesionais de Galicia.

INTERRITMOS: SONS DO RURAL RECALOU EN MUROS COA ACTUACIÓN DE ABRIL E TUMBA E DALLE

• As actuacións complementáronse coa celebración dunha charla-coloquio, na que participaron Susana Seivane e Antón Corral.
• INTERRITMOS busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.
• INTERRITMOS é un proxecto de traballo en rede promovido por 4 Grupos de Desenvolvemento Rural: a Asociación de Desarrollo Local DELOA, o GDR Asdecomor, o GDR Salnés-Ulla-Umia e o GDR Ribeira Sacra-Courel.