LEMBRANZAS DO INTERRITMOS

Coas actividades levadas a cabo o 6 e o 7 de outubro en Samos e As Nogais, respectivamente, finalizamos a edición de 2023, do proxecto de traballo en rede Interritmos Sons do Rural.
Nesta edición, un total de 21 grupos se inscribiron no proxecto. O xurado, formado por Patricia Hermida, Santiago Castromán e Chema Cebeiro seleccionou a 10 finalistas que participaron nunha audición en vivo no Náutico de San Vicente do Mar (O Grove).

PAISAXES INTELIXENTES EXTRAENDO TODO VALOR DATOS RURAL

O 19 de setembro, tivo lugar no restaurante O Secadeiro, no Lugar de Banzas, Concello de Outes, o faladoiro que levaba por título “Extraendo todo o valor dos datos no rural. O caso do sector lácteo”.
O faladoiro nace da necesidade de aumentar a conciencia, o coñecemento e intercambio entre saberes expertos científico-técnicos e saberes no terreo. Debateuse entre a importancia (ou non) da dixitalización e a análise dos datos para o desenvolvemento rural.

O PAZO DE GOIÁNS, ACOLLEU AS ACTIVIDADES DE INTERRITMOS

O venres 22 de setembro, tiveron lugar no Pazo de Goiáns, no Concello de Boiro, as actuacións que forman parte do circuíto musical, desenvolto pola Asociación Deloa, no que participaron dous dos grupos gañadores da edición 2023 do proxecto INTERRITMOS SONS DO RURAL. A participación no circuíto musical, forma parte do premio outorgado, o pasado 10 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar, ás agrupacións musicais Leni Pérez & Roberto Comesaña, Fixe Trío, As Lembranzas e Maghúa.

A COOPERATIVA XUVENIL MOIRA, RECIBE UN PREMIO PARA A POSTA EN MARCHA DO SEU PROXECTO COOPERATIVISTA

O pasado mes de xullo, tivo lugar no Pazo de Goiáns, en Boiro a presentación dos proxectos cooperativistas que xurdiron en dúas das accións formativas que se desenvolveron ao abeiro do convenio subscrito entre a Asociación de Desarrollo Local Deloa e a Escuela de Organización Industrial, que ten por obxectivo formar á mocidade desempregada e darlles a coñecer as posibilidades de autoemprego e emprendemento colectivo no sector do Márketing Dixital, aportando formación práctica e describindo as características dos pasos a seguir para a creación dunha cooperativa.