A entidade celebrou unha reunión da súa asemblea xeral no Casino de Noia
A reunión finalizou cunha visita ao proxecto Hotel Boutique Atmos en Outes.
A Asociación de Desarrollo Local Deloa celebrou, no edifico Casino do Concello de Noia, unha reunión da súa xunta directiva e da súa asemblea xeral, na que estiveron presentes, a Presidenta da Asociación Deloa, o Vicepresidente la Fundación Paideia, os alcaldes de Noia, Rianxo, Outes, Boiro, Rois, Dodro e A Pobra, as alcaldesas de Lousame e Muros, representantes do Concello de Ribeira e da Deputación da Coruña, así como de entidades privadas como a Asociación Misela, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira, a Asociación Rianxeira de Empresarios, l Asociación de Empresarios de Ribeira, a Asociación Amicos, a Asociación da Industria da primeira Transformación da Madeira, a Asociación Xuvenil Integrados, o Club Náutico de Ribeira, a Asociación Ambar, Adisbismur, CCOO, entre outras.
Informouse que ao longo deste ano concorreron aos fondos Leader asignados a Deloa para a convocatoria 2021, vinte catro novas solicitudes de axuda, ás que hai que engadirlle outras cinco que se atopan en lista de agarda. Dos vinte e nove proxectos, dezaoito son proxectos produtivos e once non produtivos, dos cales sete foron presentados por entidades públicas e catro por entidades privadas. O total de fondos desta convocatoria ascende a 460.843,55 euros, destinándose 299.567,81 euros a proxectos produtivos, 129.044,60 euros a proxectos non produtivos públicos e 32.261,14 euros a proxectos non produtivos privados. Os proxectos que resulten seleccionados, terán que executar os investimentos ao longo das anualidades 2021 e 2022.
Informouse, ademais, sobre o ciclo de xornadas “Cara a una economía Local Rexenerativa”, posto en marcha pola Asociación Deloa ao longo este ano. Hasta a data realizáronse, dúas xornadas, unha sobre economía circular, e outra sobre turismo rexenerativo. A terceira, sobre transición enerxética, terá lugar o próximo 1 de xullo, nas Minas de San Finx, no concello de Lousame. A xornada será inaugurada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde e contará con Alfonso García, Presidente de Unión Renovables e Secretario do Consello Reitor da cooperativa enerxética Goiener (Gipuzkoa), Carlos G. Patiño, representante en Galicia de Red Eléctrica Española e Tomás Cabezón, Deputado do PP por Soria e antigo Tenente Alcalde de Castilfrío de la Sierra (Soria), primeiro pobo en poñer en marcha esta experiencia público-privada en Comunidade Enerxética. Moderará a mesa de debate Diego Freire, Director de Desenvolvemento de Negocio de CUPA GROUP.
A entrada é gartuía, previa inscrición a través da web www.deloa.es/transicion-enerxetica e hasta completar aforo.
Tamén se deu conta dunha nova acción formativa para capacitar á mocidade na creación colectiva e distribución dixital de música electrónica e tendencias urbanas, que comezará o día 6 de xullo e que se desenvolverá en tres espazos diferentes, a sede da Asociación Deloa, en Padrón, el Náutico de San Vicente do Mar, en O Grove e o Estudio de Grabación Mans, en A Coruña. Esta formación que está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do convenio firmado entre a Escuela de Organización Industrial EOI e a Asociación de Desarrollo Local Deloa, está dirixida a mozos/as de entre 18 e 29 anos, inscritos no sistema de garantía xuvenil.
Os interesados poden inscribirse en deloa.es/es/on-the-beat
Ao finalizar a reunión, os asistentes desprazáronse hasta o Lugar de Pumar, no Concello de Outes, para visitar o Hotel Atmos, un proxecto subvencionado ao abeiro do programa Leader que xestiona a Asociación Deloa e que iniciou a súa andaina a principios deste ano.


