A ASOCIACION DE DESARROLLO LOCAL DELOA ANUNCIA:
O inicio do proceso de PROMOCIÓN INTERNA entre o persoal da ASOCIACION DELOA para cubrir o posto de XERENTE, para a execución da intervención LEADER de Galicia, no marco do PE PAC 2023-2027.
O persoal que presente a súa solicitude para concorrer ao proceso de promoción interna, deberá acreditar que cumpre cos seguintes requisitos:
1) Ter un contrato laboral coa Asociación de Desarrollo Local DELOA.
2) Ser contratado tras ter superado o proceso de selección con arranxo a unha Convocatoria pública e ao abeiro das Bases publicadas pola Asociación de Desarrollo Local Deloa nun proceso aberto, público e conforme á normativa exixida por AGADER.
A acreditación de que foi elixida a través dun procedemento de selección para o posto de técnico/a, conforme a unha convocatoria pública do GDR-18, acadando a máxima puntuación na proba escrita, méritos e entrevista, que cumpre as disposicións da Cláusula 10º do Convenio asinado o 7 de agosto de 2024, entre a Asociación de Desarrollo Local Deloa e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para a aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local participativo na medida Leader de Galicia, cofinanciado co Fondo europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PE PAC 2023-2027 .
3) MÉRITOS:
- Titulación universitaria (grao ou licenciatura, preferiblemente en Económicas ou ADE por ser a titulación da xerente actual).
- Experiencia mínima de 3 anos no posto de Técnico/a, realizando funcións de xestión de programas de desenvolvemento local participativo.
- Experiencia como Técnico/a de GDR, participando en Proxectos de Cooperación entre GDRS (mínimo 1 ano).
- Experiencia como técnico/a no desenvolvemento de proxectos de traballo en rede en colaboración con outros GDRS, ou entidades do territorio de actuación, dentro da execución da estratexia do GDR-DELOA (mínimo participación en dous programas de traballo en rede).
- Experiencia participando como Técnico/a na elaboración da estratexia de desenvolvemento local participativa do GDR-18, para o período 2023-2027. Deberán especificarse as funcións ou traballos realizados.
A experiencia poderá acreditarse mediante Certificación expedida pola Presidenta da Xunta Directiva.
A SOLICITUDE de participación no proceso de promoción interna deberá ser dirixida á Xunta Directiva, xunto coa documentación que acredite os méritos necesarios para concorrer ao posto de XERENTE, nun PRAZO de 3 días naturais dende a publicación deste anuncio na páxina web da Asociación de Desarrollo Local Deloa www.deloa.es
Unha vez acreditado, informarase á Xunta Directiva e procederase á modificación do contrato actual da técnica para o posto de xerente, coas novas condicións económicas segundo Convenio.