Informouse, entre outros, sobre o estado de situación dos proxectos subvencionados a través do Leader con cargo á anualidade 2017
A Asociación de Desarrollo Local Deloa celebrou o pasado xoves unha reunión da súa Xunta Directiva, na que estiveron presentes, a Presidenta da Asociación Deloa, a alcaldesa de Outes, os alcaldes de Noia, Pobra, Rois e Rianxo, así como a representante do Concello de Porto do Son. E representantes da Asociación Misela, a Asociación de Amas de Casa de Riveira, o Club Náutico Deportivo de Riveira, a CMVMC de Olveira, a Asociación Amicos, a Asociación de la Industria de la primera transformación de la madera, FEGATUR, e a Asociación Xuvenil Integrados.
Os asistentes á Xunta Directiva foron informados do estado de situación do programa Leader e aprobaron os orzamentos de gastos de funcionamento e promoción territorial para a anualidade 2018.
Ao largo da anualidade 2017, recibíronse un total de 92 demandas de información sobre Leader, que se plasmaron en dezaoito proxectos presentados, dos cales se subvencionaron, por concorrencia competitiva, un total de doce proxectos. Seis deles de carácter produtivo, catro de carácter non produtivo promovidos por entidades privadas e outros dous de carácter non produtivo promovidos por entidades públicas. Dous proxectos causaron baia e os proxectos restantes, concorrerán novamente á convocatoria da anualidade 2018.
Os proxectos subvencionados son de diversa índole. Así, os produtivos son: a creación dunha plataforma web para a venta online de sobrantes de materiais de construción (Outes), a construción dunha nave para almacenamento e venta ao por maior de electrodomésticos (Rianxo), a adquisición de maquinaria innovadora para a industria da pedra (Padrón), a creación duna velorio en Porto do Son, a creación dunha empresa de ocio infantil (Muros) e a compra de maquinaria para unha empresa de aluminios (Outes). En canto aos non produtivos, a modernización da escola infantil de Dodro, a intervención arqueolóxica de consolidación e restauración de o Castelo da Lúa en Rianxo, e a compra de vehículos de transporte adaptado en Noia e Riveira.
Para finalizar informouse sobre os dous proxectos postos en marcha pola Fundación Paideia, a Asociación Deloa e a Escuela de Organización Industrial (EOI), que teñen como beneficiarios directos a emprendedores das industrias musicais e do sector da economía verde e, a mozos inscritos no Sistema de Garantía Juvenil.