A última Xunta Directiva do ano celebrouse no concello de Porto do Son
A Asociación de Desarrollo Local Deloa celebrou, no centro de interpretación do Castro de Baroña en Porto do Son, unha reunión da súa xunta directiva, na que estiveron presentes, a Presidenta da Asociación Deloa, Sandra Ortega, o vicepresidente da Fundación Paideia, Guillermo Vergara, a alcaldesa de Outes, os alcaldes de Rianxo, Rois, Pobra e Porto do Son así como representantes dos Concellos de Lousame e Riveira e representantes da Asociación Misela, Club Náutico Deportivo de Riveira, asociación de empresarios de Riveira, Comunidade de Montes de Olveira, Asociación de la Primera Transformación de la Madera, Asociación Amicos e Asociación Integrados.
Os asistentes á reunión foron informados sobre o estado de situación dos proxectos que presentaron axudas a través da medida Leader que xestiona Deloa, e concretamente sobre a porcentaxe de execución dos fondos asignados a Deloa para subvencionar iniciativas de carácter produtivo e non produtivo e que ascende a máis do 99% de execución.
Ao finalizar a reunión visitáronse dous proxectos de carácter produtivo subvencionados a través da medida Leader con cargo á convocatoria 2018-2019. Unha clínica de fisioterapia promovida por Daniel Noal en Porto do Son e un obradoiro de masas doces e salgadas emprazado no polígono industrial de Noia e promovido pola empresa Dubraseda, SL. A posta en marcha destes dous proxectos supuxo a creación de nove postos de traballo.

