O PAZO DE GOIÁNS, ACOLLEU AS ACTIVIDADES DE INTERRITMOS
O venres 22 de setembro, tiveron lugar no Pazo de Goiáns, no Concello de Boiro, as actuacións que forman parte do circuíto musical, desenvolto pola Asociación Deloa, no que participaron dous dos grupos gañadores da edición 2023 do proxecto INTERRITMOS SONS DO RURAL. A participación no circuíto musical, forma parte do premio outorgado, o pasado 10 de xuño no Náutico de San Vicente do Mar, ás agrupacións musicais Leni Pérez & Roberto Comesaña, Fixe Trío, As Lembranzas e Maghúa.
Nesta ocasión puidemos escoitar a Leni Pérez & Roberto Comesaña e a Maghúa. Estas actuacións complementáronse coa celebración da charla coloquio que leva por título A hucha da avoa, na que participaron as artesás Sandra Alvite, fundadora de Trenzarte, de San Cosme (Mazaricos) e Mª José González Roncero, de artesanía La Gorra de Montehermoso (Cáceres), que nos contaron as peculiaridades tanto do Sancosmeiro como da Gorra extremeña. Julia Pozo, mestra e investigadora de música e bailes tradicionais, foi a encargada da presentación e moderación da xornada.
O broche final púxose coa degustación de produtos tradicionais.
As seguintes citas serán o 6 de outubro, en Samos e o 7 de outubro en As Nogais. O día 6, poderemos escoitar a As Lembranzas e o día 7 a Fixe Trío.
Ao igual que na xornada celebrada en Boiro, as actuacións de Samos e As Nogais, estarán acompañadas da celebración de coloquios e charlas sobre distintos aspectos culturais. O día 6 de outubro, en Samos, serán Vanesa Muela, cantante, multiinstrumentista e divulgadora da música tradicional (Valladolid) e Felisa Segade as que participarán na charla coloquio que leva por título Ao son dunha culler, o 7 de outubro en As Nogais, Xoan Manuel Tubío (Xaneco), Luthier, Outeiro de Rei (Lugo) e Francisco Javier Pozuelo Allegre (Fran Allegre), Luthier e músico, Villarejo de Órbido (León), participarán na charla que leva por título A herdeira do organistrum.
O programa completo das actuacións e xornadas está publicado na web https://interritmos.deloa.es.
Nesta edición, INTERRITMOS SONS DO RURAL promóveno os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés-Ulla-Umia, Asdecomor, Ribeira Sacra-Courel e Comarca de Lugo, entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a xestión da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 e que busca a potenciación do patrimonio musical e cultural.