DELOA ABRE UN PROCESO PARTICIPATIVO PARA A ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA PARA O PERIODO 2023-2027.  

A Asociación Deloa pon en marcha un proceso de participación cidadá para a elaboración da súa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027. É un proceso de participación aberto, na que a opinión dos cidadáns e entidades do territorio de Deloa teñen moito que dicir.

A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA E A FUNDACIÓN EOI IMPULSAN UNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A PROMOTORES E EMPRENDEDORES/AS CULTURAIS NO RURAL GALEGO

• Os Espazos Coworking Go2Work son programas de desenvolvemento profesional cofinanciados polo Fondo Social Europeo sen custo para os seus participantes.

• O primeiro Espazo Coworking Go2Work dedicado ao emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural 2022 está aberto a persoas, grupos, asociacións ou profesionais de Galicia.

INTERRITMOS: SONS DO RURAL RECALOU EN MUROS COA ACTUACIÓN DE ABRIL E TUMBA E DALLE

• As actuacións complementáronse coa celebración dunha charla-coloquio, na que participaron Susana Seivane e Antón Corral.
• INTERRITMOS busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.
• INTERRITMOS é un proxecto de traballo en rede promovido por 4 Grupos de Desenvolvemento Rural: a Asociación de Desarrollo Local DELOA, o GDR Asdecomor, o GDR Salnés-Ulla-Umia e o GDR Ribeira Sacra-Courel.

DIÁLOGO SOBRE CULTURA RURAL SUSTENTABLE

Terá lugar o 28 de agosto no Festival de la Luz en Boimorto (A Coruña)

A Asociación de Desarrollo Local Deloa, coordina o proxecto de cooperación interterritorial que leva por título “La gestión de la sostenibilidad en eventos culturales con espectáculos en vivo en espacios rurales”, no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural, 8 pertencentes á comunidade autónoma de Galicia e un á de Extremadura.

DELOA ANIMA ÁS ENTIDADES DO TERRITORIO A ADHERIRSE AO GDR E A PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA

• A entidade celebrou a asemblea xeral no Pazo de Goiáns en Boiro, na que se aprobou a presentación da súa candidatura como entidade colaboradora da Agader para a xestión da medida Leader de Galicia 2023-2027.
• Ademais asinouse un convenio de colaboración entre a Fundación Paideia Galiza e os GDR Ribeira Sacra-Courel, Asdecomor e Deloa para poñer en marcha unha acción formativa sobre emprendemento cultural e outro entre a Asociación Deloa e os concellos de Noia, Outes e Porto do Son, para levar a cabo unha residencia artística xuvenil, dirixida á mocidade de entre 16 e 29 anos.

RESIDENCIA ARTISTICA

Esta formación permitirá as persoas participantes coñecer de cerca a industria musical e darlles as ferramentas para desenrolar os seus proxectos artísticos cun criterio e dirección. Ademais, tendrán a oportunidade de coñecerse entre si e formar grupos de traballo, dando lugar a un laboratorio de creación musical.

ABRIL E TUMBA E DALLE, GAÑADORES DE INTERRITMOS: SONS DO RURAL

O pasado sábado tiveron lugar no Náutico de San Vicente do Mar, parte das actividades enmarcadas no proxecto INTERRITMOS SONS DO RURAL, ás que asistiron máis de 90 persoas, entre elas o Subdirector da Agader e presidentes e membros das xuntas directivas dos 4 Grupos de Desenvolvemento Rural que promoven o proxecto.

INTERRITMOS: SONS DO RURAL

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel, todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local na medida Leader de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no Concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.