A ASOCIACIÓN DE DESARROLLO LOCAL DELOA PRESENTA EN CONCERTO AOS TRES GAÑADORES DE #InterritmoSonsNoRural: OS MONIFATES, MILLO MIÚDO E AILÁ

A ASOCIACIÓN DE DESARROLLO LOCAL DELOA PRESENTA EN CONCERTO AOS TRES GAÑADORES DE #InterritmoSonsNoRural: OS MONIFATES, MILLO MIÚDO E AILÁ
Esta fin de semana, DELOA, en colaboración cos concello de Noia, A Pobra do Caramiñal e Boiro, danvos cita, para que escoitedes en directo aos tres grupos gañadores do concurso de maquetas, Interritmos: Sons no Rural:
Os Monifates, venres 18, ás 20:00h na Praza do Curro • Noia. Asistencia ata cubrir aforo. Máis información en deloa@deloa.es ou chamando ao 981 817 000

PRAZO ENMENDA INTERRITMOS SONS NO RURAL

Debido ao elevado número de participantes que presentaron un tema cunha duración inferior á establecida nas bases publicadas, os membros do xurado xunto coa organización, acordaron conceder un prazo aos participantes afectados de 3 días naturais (ata o sábado 29 de agosto de 2020, ás 23.59 horas), para que poidan emendar a duración dos temas presentados (duración de entre 4-5 minutos). En consecuencia, o FALLO DO XURADO, realizarase o 3 de setembro de 2020.