A FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA E A FUNDACIÓN EOI IMPULSAN UNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A PROMOTORES E EMPRENDEDORES/AS CULTURAIS NO RURAL GALEGO

• Os Espazos Coworking Go2Work son programas de desenvolvemento profesional cofinanciados polo Fondo Social Europeo sen custo para os seus participantes.

• O primeiro Espazo Coworking Go2Work dedicado ao emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural 2022 está aberto a persoas, grupos, asociacións ou profesionais de Galicia.

INTERRITMOS: SONS DO RURAL RECALOU EN MUROS COA ACTUACIÓN DE ABRIL E TUMBA E DALLE

• As actuacións complementáronse coa celebración dunha charla-coloquio, na que participaron Susana Seivane e Antón Corral.
• INTERRITMOS busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.
• INTERRITMOS é un proxecto de traballo en rede promovido por 4 Grupos de Desenvolvemento Rural: a Asociación de Desarrollo Local DELOA, o GDR Asdecomor, o GDR Salnés-Ulla-Umia e o GDR Ribeira Sacra-Courel.

INTERRITMOS: SONS DO RURAL

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desarrollo Local Deloa, Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ordes, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel, todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local na medida Leader de Galicia, asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no Concurso INTERRITMOS: SONS DO RURAL, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.

A ASOCIACIÓN DE DESARROLLO LOCAL DELOA PRESENTA EN CONCERTO AOS TRES GAÑADORES DE #InterritmoSonsNoRural: OS MONIFATES, MILLO MIÚDO E AILÁ

A ASOCIACIÓN DE DESARROLLO LOCAL DELOA PRESENTA EN CONCERTO AOS TRES GAÑADORES DE #InterritmoSonsNoRural: OS MONIFATES, MILLO MIÚDO E AILÁ
Esta fin de semana, DELOA, en colaboración cos concello de Noia, A Pobra do Caramiñal e Boiro, danvos cita, para que escoitedes en directo aos tres grupos gañadores do concurso de maquetas, Interritmos: Sons no Rural:
Os Monifates, venres 18, ás 20:00h na Praza do Curro • Noia. Asistencia ata cubrir aforo. Máis información en deloa@deloa.es ou chamando ao 981 817 000

Fallo do xurado Interritmos Sons No Rural

O xurado de Interritmos Sons No Rural, formado por Olga Kirk, Pablo Díaz e Miguel Sotelo, acordaron que os grupos participantes, gañadores de esta edición sexan: Ailá, Os Monifates e Millo Miúdo. O premio consta de unha gravación e un videoclip, de un tema recollido no territorio de actuación de Deloa, en un estudio profesional,…

PRAZO ENMENDA INTERRITMOS SONS NO RURAL

Debido ao elevado número de participantes que presentaron un tema cunha duración inferior á establecida nas bases publicadas, os membros do xurado xunto coa organización, acordaron conceder un prazo aos participantes afectados de 3 días naturais (ata o sábado 29 de agosto de 2020, ás 23.59 horas), para que poidan emendar a duración dos temas presentados (duración de entre 4-5 minutos). En consecuencia, o FALLO DO XURADO, realizarase o 3 de setembro de 2020.