Esta foi formación foi concibida para aqueles emprededores e artistas que buscaban unha formación especializada e de calidade na xestión dos seus proxectos. Tiña por obxectivo formar a persoas interesadas en aptitudes e coñecementos específicos para a xestión de proxectos no ámbito da cultura no rural, contribuíndo a difundir o coñecemento de experiencias e iniciativas neste campo, así como fomentar o emprendemento e aumentar as probabilidades de éxito de proxectos emprendedores nun período limitado de tempo, identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento.
O programa consta de sesenta horas de formación grupal e corenta de titorías individualizadas, impartidas por todas elas, por profesionais do sector.
Remata cunha xornada de presentación dos proxectos participantes, que tivo lugar no Salón Teatro, en Santiago de Compostela.
Nesta edición, que se levou a cabo entre os meses de marzo a xuño de 2023, participaron como entidades colaboradoras catro Grupos de Desenvolvemento Rural: A Asociación de Desarrollo Local Deloa, o GDR Ribeira Sacra-Courel, Asdecomor e o GDR Comarca de Lugo.