A ASOCIACIÓN DE DESARROLLO LOCAL DELOA ANUNCIA:
O inicio do proceso de selección do persoal do programa Leader 2014-2020.
O posto a cubrir é: 1 ADMINISTRATIVO/A.
AS BASES DA CONVOCATORIA PODERÁN RECOLLERSE EN:
- Os concellos do ámbito de actuación de Deloa: Dodro, Padrón, Rois, Boiro, Riveira, Rianxo, Pobra de Caramiñal, Porto do Son, Outes, Lousame, Muros e Noia.
- Sede da Asociación DELOA (Esclavitude, s/n, 15980, Padrón).
As bases tamén se poderán descargar de:
- A páxina web da Asociación Deloa deloa.es
- A páxina web de AGADER http://agader.xunta.es
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes que deberán ir dirixidas á Asociación de Desarrollo Local “DELOA”, poderanse presentar na sede da Asociación, sita en Lugar A Esclavitude, s/n, Parroquia de Santa María de Cruces, 15980 Padrón (A Coruña), de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén poderán ser presentadas a través do seu envío por correo postal certificado e con acuse de recibo dirixida á atención da Comisión de Selección da Asociación DELOA, indicando: “Proceso de Selección DELOA: Posto “ADMINISTRATIVO”.
No caso de envío por correo postal, o aspirante deberá xustificar a súa remisión cumprimentado electrónicamente -antes das 24 horas (00:00) do último día de prazo de presentación-, o formulario dispoñible na plataforma www.deloa.es/seleccion habilitada ao efecto enviando notificación (á que haberá que xuntar o resgardo selado da data de imposición do envío na Oficina de Correos.
Unha vez cumprimentada correctamente a notificación e enviada, o solicitante recibe unha comunicación de recepción na dirección de correo electrónico que designe ao efecto.
Aos efectos de cómputo do prazo para presentar a solicitude e admisión, tomarase como data a que conste no selo de Rexistro de Entrada na sede da Asociación ou na Oficina de Correos.
Prazo
O prazo para a presentación da solicitude e documentación acreditativa iniciarase ao día seguinte ao da publicación do anuncio do proceso selectivo en prensa (La Voz de Galicia 26/01/2018), e permanecerá aberto un período de 20 días naturais.
Acta definitiva proceso administrativo
Resultados Fase III (baremación méritos)
Resultados Fase II (entrevistas)
Acta resolución impugnaciones proba escrita
Resultados definitivos proba escrita
Acta comisión selección
Plantilla respostas proba escrita
Listado definitivo de aspirantes
Bases da convocatoria