Onte tivo lugar na sede da Asociación Deloa a reunión do proxecto de cooperación dos vinos das IXP de Galicia. Nela, levouse a cabo a planificación das actividades que se realizaran en torno a IXP viños da Terra do Barbanza e Iria, que afecta o territorio do GDR Salnés Ulla Umia e Asociación Deloa.
A reunión asistiron representantes do Concello de Pontecesures, Concello de Valga, Concello de Catoira, Concello de Boiro, Concello de Rianxo, e os representantes das adegas colaboradoras Entre os Ríos, Cazapitas, Antonio Saborido e Torres Augusti. Ademais de contar coa asistencia técnica de Ciudadania, Soc. Coop. Galega e o xerente do GDR Pontevedra Morrazo, grupo coordinador do proxecto.