Extraendo (todo) o valor dos datos

Transformando os datos en coñecemento no sector agroindustrial

Estas xornadas nacen da necesidade de aumentar a conciencia, o coñecemento e intercambio entre saberes expertos científicos-técnicos e saberes no terreo.
A importancia (ou non) da dixitalización e a análise dos datos para o desenvolvemento rural.
Dirixido a agricultores, gandeiros, propietarios forestais… e a todas as persoas con interese no desenvolvemento rural en xeral.

Martes 19 de setembro de 2023

Hora:11:30 h

Lugar: Restaurante O Secadeiro (Lugar de Banzas, 18, 15237 Banzas, A Coruña).
“Extraendo todo o valor dos datos no rural. O caso do sector lácteo.

Participan:
David Vázquez. Responsable na Gandería Mouro SCG (Santa Comba).
Teresa Bronchales e Rafael Dios. Explotación A Bouciña S.C. (Rois).
Ovidio Queiruga. Presidente da Comunidade de montes de Baroña.

Modera:
Antonio Sartal. Profesor de Enxeñería en Organización da Universidade de Vigo.

Showcase:
Xandre Millet. Compositor e cantautor galego.

Degustación de produtos locais:
A cargo de O Secadeiro.

Martes 26 de setembro de 2023

Hora:11:00 h

Lugar: Casa da Cultura en Mazaricos (Castelao, 1 – A Picota – 15256 – Mazaricos, A Coruña).

Xornada Formativa:
A cargo de Antonio Sartal.
“Aspectos relevantes da dixitalización no ámbito rural: Como aprender sobre a
valorización dos datos no sector”.

Caso real de aplicación:
Granxa Pazos* (Lugar ANTES 9, San Cosme, Pazos- Mazaricos). Co obxectivo de ofrecer unha visión integral da dixitalización no ámbito rural, a través dun proxecto exemplo de valorización dos datos no mesmo.

(*) Haberá servizo de autobús dende a Casa da Cultura ata a Granxa Pazos, e de regreso ao remate da actividade. Obrigatorio indicalo no formulario de inscrición.

Aforo completo