Gestión de la sostenibilidad en
eventos culturales
con espectáculos en vivo en
espacios rurales
30 de setembro de 2022
de 12.30 a 14.00 · CONVENTO DO CARME
Rúa Peregrinos 3, Padrón — A Coruña
“A cultura rural aluma tempos e espazos de encontros e celebración do que somos. As fontes de creatividade colectiva do pasado entrelázanse co novo, navegando nas cambiantes augas do tempo, para manter a vitalidade dos nosos territorios. Neste espazo de diálogo entre persoas que custodian e crean cultura (promotores/as comunitarios), convidámosvos a compartir unha mirada sobre a cultura, o rural e a sustentabilidade. É a “sustentabilidade” unha chave para abrir un futuro de oportunidades? Como entendela, como traballala?”
12.30 — 12.45 horas
Peche do proxecto de cooperación “La gestión de la sostenibilidad en eventos culturales con espectáculos en vivo en espacios rurales” e presentación do Coworking “Emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural”
- Guillermo Vergara Muñoz. Vicepresidente da Fundación Paideia.
- Moisés Blanco Paradelo. En representación da Directora Xeral da Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural.
- Margarita Ardao Rodríguez. Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.
- Miguel Sánchez Galindo. Director de Innovación, Emprendedores y Pymes da
Escuela de Organización Industrial.
12.45 — 13.45 horas
CASTELO CONTA, UN EXEMPLO DE EMPRENDEMENTO CULTURAL SUSTENTABLE NA PARROQUIA DE CASTELO.
Amor pola aldea, veciñanza, memoria e compromiso co impulso da cultura oral no rural galego. Castelo Conta, é a historia dun festival que naceu como parte das festas patronais de Castelo, no Concello de Culleredo, para crecer como festival de referencia que rescata relatos de vida en vivo, humor e desfrute da escoita en comunidade.
Relator:
- Xosé Antonio Touriñán. Actor, promotor de Castelo Conta e veciño de Castelo.
Modera:
- Luis Pardo. Presentador de Hoy por Hoy (Cadena Ser-Galicia).
13.45 horas
SHOWCASE
- Anahí. Cantante e compositora. Estilo pop con sonidos melódicos e acústicos. Convencida de que a capacidade de transmitir é o que fai aos verdadeiros artistas.
14.00 horas
DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS GALEGOS
Ha finalizado el plazo de inscripción para este evento.