APOIAR O TERRITORIO COMO MOTOR DE TRANSFORMACIÓN CARA Á SUSTENTABILIDADE. ESTRATEXIA TERRITORIAL 2023-2027

É a nosa aspiración que o programa Leader, neste novo período, poda funcionar como ferramenta de apoio ó potencial de transformación que teñen os emprendementos e negocios para achegarnos á meta dun territorio:

  • Máis próspero, diversificando sectores desde claves sostibles, rexenerativas e de circularidade, considerando que é de interese apostar por propostas piloto no ámbito económico que contribúan a unha economía local en harmonía co medio natural e os retos sociais.
  • Máis forte, tomando como fortaleza a propia comunidade local e a súa singularidade, a súa identidade. Valorando procesos e espazos de innovación social que aposten pola cocreación e o traballo en rede, atendendo á diversidade que enriquece, sen menoscabo dos intereses privados, para así poñer o foco en emprendementos e negocios con impacto real e positivo.
  • Máis conectado, aproveitando as ferramentas da dixitalización, pero tamén tendo en conta o apoio ás conexións vivas entre as persoas, entre a veciñanza e os diversos actores do territorio, para poder avanzar na consolidación dunha cultura colaborativa, no social e no económico.
  • Máis resiliente, avanzando de cara a procesos e modelos de negocio máis ecolóxicos, reparando o tecido social para contar con iniciativas que non só respondan a necesidades e retos actuais, senón que se anticipen ao