Programa dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego, que ten por obxectivo formar a xente moza e darlles a coñecer as posibilidades de auto emprego e emprendemento colectivo no sector do márketing dixital, poñendo o foco nas fórmulas de traballo cooperativo.
EDICIÓN 2024:
EMPRAZAMENTO: A Coruña / Santiago / Andalucía
Durante o ano 2024, levaranse a cabo novas formacións. As primeiras darán comezo durante o mes de febreiro de 2024 e terán lugar en Santiago e A Coruña.
Ao igual que nas edicións anteriores, as persoas participantes poderán optar a un premio de ata 60.000 euros ao mellor proxecto, co obxectivo de financiar o primeiro ano da posta en marcha do seu proxecto.
O programa inclúe tamén unha semana de mobilidade a outra comunidade autónoma con todos os gastos cubertos.
A matrícula e participación son totalmente gratuítas.
Os requisitos para participar son estar inscritos/as en Garantía Xuvenil.
Esta é unha iniciativa conxunta da Fundación Paideia Galiza, a EOI – Escuela de Organización Industrial e a Deputación de A Coruña. Programa co financiado polo Fondo Social Europeo.
Máis información e contacto en
981 223 927
606 026 202 (WhatsApp)
EDICIÓN 2023:
EMPRAZAMENTO: Boiro e Noia / A Coruña / Euskadi / Madrid / Andalucía.
Durante o ano 2023, leváronse a cabo de forma presencial cinco edicións. Ao igual que na edición de 2021, os/as participantes, recibiron formación grupal, titorización individual e crearon proxectos cooperativistas, resultando premiada a cooperativa MOIRA, integrada por cinco participantes da formación impartida en Boiro-Noia, que recibiu 60.000 euros para a súa posta en marcha.
Ademais, as edicións levadas a cabo nesta anualidade incluíron como novidade, mobilidades dunha semana entre as formacións levadas a cabo nos diferentes emprazamentos, coa finalidade de que os alumnos compartan formación e poidan coñecer casos de éxito doutros lugares.
Esta foi unha iniciativa conxunta da Asociación de Desarrollo Local Deloa, a Fundación Paideia Galiza, a EOI – Escuela de Organización Industrial, e a Deputación de A Coruña.
EDICIÓN 2021-2022:
EMPRAZAMENTO: Boiro e As Pontes de García Rodríguez.
Levouse a cabo de forma presencial entre o 20 de setembro e o 17 de decembro de 2021. Os participantes, ademais de recibir máis de 250 horas de formación, e titorías individualizadas, crearon, en grupo, proxectos cooperativistas no sector do márketing dixital que presentaron nunha xornada, para poder optar a un premio e recibir apoio financeiro para a constitución e o desenvolvemento da súa cooperativa durante todo o ano 2022. As cooperativas premiadas foron KRACIA, con cinco integrantes, que participaron na formación impartida en Boiro e recibiron 60.000 euros e ICEBERG 360, con tres integrantes, participantes na formación impartida nas Pontes de García Rodríguez, que recibiron 50.000 euros. Ademais, durante todo ese ano, contaron co asesoramento da consultora Ernst & Young para a xestión e o desenvolvemento comercial.
Esta foi unha iniciativa conxunta da Fundación Paideia Galiza, e a EOI – Escuela de Organización Industrial, e a Deputación de A Coruña. Contou co apoio dos Concellos de Boiro e As Pontes de García Rodríguez.