A proposta inclúe 5 proxectos produtivos e 4 non produtivos que se executarán ao longo de 2017 e 2018.
A Asociación de Desarrollo Local Deloa celebrou este xoves unha reunión da súa Xunta Directiva, na que estiveron presentes, O Vicepresidente da Fundación Paideia, as alcaldesas de Lousame e Outes, os alcaldes de Riveira, Rianxo, Padrón, Rois, Noia e A Pobra do Caramiñal, así como a representante do Concello de Porto do Son. E representantes da Asociación Misela, a Asociación de Amas de Casa de Riveira, o Club Náutico Deportivo de Riveira, as asociacións de empresarios de Riveira e Rianxo, a Asociación Amicos, a Asociación da Industria de la primeira transformación da madeira, FEGATUR, e a Asociación Xuvenil Integrados.
Os asistentes á Xunta Directiva aprobaron a proposta de resolución dos expedientes presentados ao Leader na primeira convocatoria da anualidade 2017.
Dos dezaseis proxectos presentados, aprobáronse, por concorrencia competitiva, un total de nove proxectos. Cinco deles de carácter produtivo, dous de carácter non produtivo promovidos por entidades privadas e outros dous de carácter non produtivo promovidos por entidades públicas. Os proxectos restantes, concorrerán novamente á convocatoria de 2018.
Os proxectos subvencionados son de diversa índole. Así, os produtivos son: a creación dunha plataforma web para a venta online de sobrantes de materiais de construción (Outes), a construción dunha nave de carpintería de madeira (Muros), outra para almacenamento e venta ao por maior de electrodomésticos (Rianxo), a adquisición de maquinaria innovadora para a industria da pedra (Padrón) e a creación dun velatorio en Porto do Son. En canto aos non produtivos, la modernización da escola infantil de Dodro, a intervención arqueolóxica de consolidación e restauración de o Castelo da Lúa en Rianxo, e a compra de vehículos de transporte adaptado en Noia e Riveira.
O investimento total dos proxectos aprobados ascende a 1.265.220,07 euros. O importe da axuda pública é de 685.566,23 euros. Crearanse tres novos postos de traballo y consolidaranse máis de 27.
Informouse, ademais da presentación de outros dos proxectos de natureza produtiva á segunda convocatoria, co que serían un total de dezaoito os proxectos presentados a través da Medida Leader 2014-2020 que xestiona Deloa.