INTERRITMOS xurde como un proxecto de cooperación a nivel nacional desenvolvido entre os anos 2011 e 2014, no cal participaron once grupos de desenvolvemento rural de Galicia, Cantabria, Castilla León, Andalucía e Extremadura. O obxectivo do proxecto foi a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial a través da música tradicional.
Dado o elevado grado de participación do sector e a implicación da poboación, a Asociación Deloa, seguiu celebrando unha das accións máis valoradas do proxecto, os circuítos de música tradicional. No ano 2020 celebrouse a súa última Edición, baixo o título “INTERRITMOS: SONS NO RURAL”, proxectado como un circuíto musical “en vivo” de música tradicional, en paraxes do ámbito de actuación da Asociación Deloa.
Desde o ano 2021, Interritmos desenvólvese como un proxecto de traballo en rede, promovido por varios Grupos de Desenvolvemento Rural.
EDICIÓN 2023:
GDR SOCIOS (5): Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés Ulla Umia, Ribeira Sacra-Courel, Asdecomore Comarca de Lugo.
PARTICIPANTES (21): OS LIANTES (Ribeira, A Coruña), ACORDEIRETA (Vigo, Pontevedra), FIXE TRÍO (Vigo, Pontevedra), NELSON QUINTEIRO (Poio, Pontevedra), MAGHÚA (A Coruña), CINCO EN ZOCAS (O Grove, Pontevedra), OS VIQUEIRAS (A Coruña), A TAJEA (Outes, A Coruña), TIRAPRALÁ (Chantada, Lugo), XANDRE MILLET (Ribeira, A Coruña), AS BARULLEIRAS (Boimorto, A Coruña), LENI PEREZ & ROBERTO COMESAÑA (Vigo, Pontevedra), MEDIO QUINHÓN (Burela, Lugo), AXEITO (Castro de Rei, Lugo), TRES TRISTES TIGRES (Vigo, Pontevedra), PANDERETEIRAS TREMELIQUE (O Rosal, Pontevedra), AS LEMBRANZAS (Meis, Pontevedra), NA MALETA DO SOBRADO (Barro, Pontevedra), TRIBU CENDRA (Madrid), CARMELA (Lugo) e DE NINGHURES (Santiago de Compostela, A Coruña).
FINALISTAS: FIXE TRIO, NELSON QUINTEIRO, MAGHÚA, OS VIQUEIRAS, TIRAPRALA, XANDRE MILLET, LENI PEREZ & ROBERTO COMESAÑA, TRES TRISTES TIGRES, AS LEMBRANZAS e DE NINGHURES.
GAÑADORES: FIXE TRIO, MAGHÚA, LENI PEREZ & ROBERTO COMESAÑA e AS LEMBRANZAS.
Actividades Realizadas
Xornada Os sons nos directos. Náutico de San Vicente. O Grove 10 de xuño de 2023.
Xornada Son con sabor a tizón. Friol. 1 de xullo de 2023.
Xornada Xunco, vimbio e palla. Frades. 15 de setembro de 2023.
Xornada A hucha da avoa. Boiro. 22 de setembro de 2023.
Xornada Ao son dunha culler. Samos. 6 de outubro de 2023.
Xornada A herdeira do organistrum. As Nogais. 7 de outubro de 2023.
EDICIÓN 2022:
PARTICIPANTES (21): ADIOS MANUEL (A Cañiza, Pontevedra), OS CANTABERNEIROS (Narón, A Coruña), AS EFEMERAS (Redondela, Pontevedra), DULZARO (Valladolid), MAGHUA (A Coruña), JOEL PADIN (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), AGHRUO (Barro, Pontevedra), A TAJEA (Outes, A Coruña), TUMBA E DALLE (Barreiros, Lugo), MOMBOI (Noia, A Coruña), SARA SÍSTOLE (A Coruña), FIXE TRIO (Vigo, Pontevedra), XAN PEREZ (Crecente, Pontevedra), CANTAREIRAS DE VERDILLO (Zas, A Coruña), ASOCIACION OS LIANTES (Ribeira, A Coruña), GARABELO (A Pobra do Brollón, Lugo), MEDIAREA (Cangas, Pontevedra), VOLTA E DALLE (Mondariz, Pontevedra), SERVANDO E CONTRADANCA (Vigo, Pontevedra), ABRIL (Vigo, Pontevedra) e O SON DO POTE (Lousame, A Coruña).
FINALISTAS: ABRIL, TUMBA E DALLE, MEDIAREA, MOMBOI, ASOCIACION OS LIANTES e MAGHUA.
GAÑADORES: ABRIL e TUMBA e DALLE.
Actividades Realizadas
Xornada Ao son do Tradi-Trap. Náutico de San Vicente. O Grove 4 de xuño de 2022.
Xornada As mans da arte musical. Muros. 3 de setembro de 2022.
Xornada Cocendo melodías. Mesía. 30 de setembro de 2022.
Xornada As Voces dos lugares. Folgoso do Courel. 7 de outubro de 2022.
Xornada Música e danza, foliada asegurada. Triacastela. 8 de outubro de 2022.
EDICIÓN 2021:
GDR SOCIOS (3): Asociación de Desarrollo Local Deloa, Salnés Ulla Umia e Ribeira Sacra-Courel.
PARTICIPANTES (17): MUDLAND (Barro, Pontevedra), ET SUSEIA (Marín, Pontevedra), DO TEU LARANXAL (Marín, Pontevedra), PULPIÑO VIASCON BRAVUBOY (A Coruña), PANDERETEIRAS TREMELIQUE (O Rosal, Pontevedra), ZOELAS (A Ulloa, Lugo), CHARANGA TREBEDE (Cangas do Morrazo, Pontevedra), A TAJEA (Outes, A Coruña), BMT “SUEVIA” (Porto do Son, A Coruña), ASOCIACION OS LIANTES (Ribeira, A Coruña), DULZARO (Valladolid), PARAISO CANTO (Ponte Caldelas, Pontevedra), ARREDORES (Malpica, Coruña), MANUELRCRESPO (Vigo, Pontevedra), CATUXA SALOM (Pontenova, Lugo), VARACUNCAS (Rodeiro, Pontevedra) e MOURAS (Santiago de Compostela, A Coruña).
FINALISTAS: ASOCIACION OS LIANTES, MUDLAND, ARREDORES, CHARANGA TREBEDE, ZOELAS e PARAISO CANTO.
GAÑADORES: CHARANGA TREBEDE e PARAISO CANTO.
Actividades Realizadas
Xornada Hai futuro! O relevo na música tradicional. Náutico de San Vicente. O Grove 25 de setembro de 2021.
Xornada Herdanzas e sons: cociña da festa. Porto do Son. 2 de outubro de 2021.
Xornada Encaixes e co-protagonismo da música tradicional / de raíz nos espazos da festa. O Incio. 8 de outubro de 2021.
Xornada Novos camiños: transmisión dixital da música tradicional / de raíz. A Pobra do Brollón. 9 de outubro de 2021.