A Asociación Deloa levará a cabo unha segunda edición do programa de emprego xuvenil, Emprégate en Verde, que tendrá lugar nos meses de outubro e novembro en Padrón e Teo. A través desta formación, mozas e mozos de entre 16 e 29 anos realizarán un percorrido formativo por 4 oficios diferentes:
- Horta ecolóxica
- Panadaría e pastelería
- Cociña e restauración
- Atención en sala
A formación seguirá unha metodoloxía práctica a través dun modelo real de emprendemento sostible baseado na economía circular.
Para poder participar é preciso estar rexistrado/a no sistema de Garantía Xuvenil.
Este programa enmárcase dentro dun convenio entre a Escola de Organización Industrial – EOI e a Asociación Deloa, co obxectivo de realizar formacións que fomenten o emprego xuvenil. Neste proxecto colaboran ademáis O Fogar do Santiso e a Fundación Paideia Galiza.