Os órganos de gobierno da Asociación son a Asamblea Xeral, a Xunta Directiva e as Mesas Sectoriais.
- A Asamblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación. Estará integrada por todos os asociados.
- A Xunta Directiva é o órgano con facultades xestoras, executivas e de representación da Asociación. Está constituida por 20 asociados, 9 pertencentes ao sector público e 11 ao sector privado.
- As mesas sectoriais créanse para servir de canle participativo na asociación dos actores implicados no desenvolvemento do territorio e de canle informativo das actividades da Asociación. As mesas sectoriais de Deloa son as seguintes:
- Mesa das asociacións culturais, veciñais e turismo.
- Mesa das asociacións de mulleres.
- Mesa das asociacións de discapacidade e social.
- Mesa das asociacións empresariais.
- Mesa das asociacións medioambientais e forestais.
- Mesa das asociacións xuvenís e deportivas.
- Mesa do sector público.
O conxunto dos axentes do sector privado terán máis do 51% dos votos.