A Asociación de Desarrollo Local foi creada no ano 2001 para a xestión do Programa Operativo de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais, PRODER (2000-2006) e o Programa LEADER no período 2007-2013, que por primeira vez se aplica no territorio, aproveita a existencia da Asociación de Desarrollo Local DELOA para elaborar unha estratexia de desenvolvemento para todo o seu territorio.

Para a medida LEADER GALICIA 2014-2020 a Asociación de Desarrollo Local DELOA vai ser o responsable da xestión das axudas Leader no seu territorio. E Actúa como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

A Asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto público como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego.

DELOA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo aumentar a eficacia e a eficiencia da estratexia de desenvolvemento territorial, delegando o proceso de toma de decisións e de execución a unha “asociación de axentes públicos, privados e da poboación do seu territorio, en xeral”.

sede_deloa