Creación dun xardín sensorial para promover o desenrolo cognitivo e psicomotriz das persoas con diversidade funcional intelectual

A Asociación Ambar, conta, na parroquia de Carreira, concello de Ribeira, co Centro de Recursos da Barbanza, onde se aglutinan distintos servizos: Centros de Atención Diúrna (Centro de Día e Centro Ocupacional) e a OIGO (Oficina para a Igualdade de Oportunidades de Persoas con Diversidade Funcional). A entidade, a través deste proxecto, pretende a creación dun xardín sensorial no entorno do Centro de Atención Diúrna…

Aula da Natureza e Centro de Interpretación dos Montes de Baroña

O proxecto consiste na adaptación de construcións existentes, propiedade da Comunidade de Montes, para a creación de aulas da natureza e dun centro de interpretación dos montes de Baroña. Os usos previstos que acollerán estes espazos serán de uso público e terán acceso gratuíto. Promotor: C.M.V.M.C. DE BAROÑA Investimento: 155.000,00 € Axuda Pública: 24.791,38 € Consolidación…

Ampliación de Taller Mecánico e Venda de Vehículos

O proxecto consiste na compra dunha parcela no polígono industrial de Muros sobre a que se vai a construír unha nave de 850 m2, que acollerá un taller mecánico, que lle permitirá ao promotor desenvolver máis servizos dos que desenvolve na actualidade. Contará cun espazo para exposición de vehículos novos e manterá a compra venta de vehículos de segunda man.

Escavación e posta en valor da “Muralla” do recinto superior do Castro da Cidá (Riveira)

Adecuación dunha parte do xacemento arqueolóxico do Castro da Cidá, que se corresponde coa muralla que pecha o recinto mais elevado do castro. O que se trata é de crear un espazo divulgativo que interprete o sitio (posta en valor) permitindo aos cidadáns o desenvolvemento de actividades relacionadas co turismo e ocio cultural. Promotor: Concello…