POSTA EN VALOR DE ANTIGA PIA, ACONDICIONAMENTO-RECONSTRUCCIÓN DE LAVADOIRO E O SEU ENTORNO

Mellora de condicións de uso, equipamento e posta en valor dunha zona singular da aldea Casas do Porto. Nesta zona emprázase unha antiga pía, que se pretende recuperar e poñer en valor, ademais dun lavadoiro que tamén se vai rehabilitar, co obxectivo de xerar un espazo de reunión e referencia xeográfica, tanto para os propios veciños da aldea como para os sendeiristas e ciclistas que transitan por esa ruta.

TRANSPORTE ADAPTADO

Adquisición dunha furgoneta adaptada de nove prazas, para realizar o servizo de transporte adaptado no concello de Outes. Realizarase o transporte das persoas con discapacidade dende os seus domicilios ata o Centro de Recursos de Valadares (Centro Ocupacional e de Día), ademais atenderanse aquelas demandas que soliciten este servizo para a realización de diversos trámites como: médicos, administrativos, ocio, etc.

ALBERGUE DE PEREGRINOS NA CURTIDURÍA DA CHAÍNZA

Rehabilitación da antiga fábrica de curtiduria para convertela en albergue turístico. Os usuarios do albergue contaran cunha serie de servizos básicos (aloxamento, aseos, duchas, zona de lectura, WIFI, comedor, servizos para a limpeza da roupa (zona de lavado exterior e lavadora e secadora) e alimentación (máquinas de vending), información do Camiño de Santiago de outras rutas de interese.

CENTRO DE HIDROTERAPIA. REHABILITACIÓN DE EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS CON AMPLIACIÓN

Rehabilitación dunha vivenda tradicional e os seus anexos para a posta en marcha dun centro de hidroterapia denominado Spasinho.
A finalidade do proxecto e establecer a hidroterapia como un servizo complementario ao do aloxamento que xa a empresa ten nese mesmo lugar (Cabanas de Albeida), que conta con 50 prazas de aloxamento, así como noutras fincas da contorna, na que dispón dun total de 170 prazas.