O proxecto consiste na reprodución en madeira de sete instrumentos musicais da portada oeste da Igrexa de San Martiño de Noia: 2 arpas, 2 salteiros, 1 rabel, 1 guitarra e 1 fídula. Unha vez reproducidos, serán expostos nun espazo propiedade do concello, emprazado fora do núcleo urbano de Noia. O acceso a este espazo será gratuíto.
Ademáis deste carácter expositivo, con estes instrumentos organizaranse concertos para todo tipo de público e impartiranse cursos para quen estea interesado.
Promotor: Concello de Noia
Investimento: 15.246,00 €
Axuda Pública: 11.586,96 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: Igrexa de San Martiño de Noia (Concello de Noia)