
Rehabilitación da antiga fábrica de curtiduria para convertela en albergue turístico. Os usuarios do albergue contaran cunha serie de servizos básicos (aloxamento, aseos, duchas, zona de lectura, WIFI, comedor, servizos para a limpeza da roupa (zona de lavado exterior e lavadora e secadora) e alimentación (máquinas de vending), información do Camiño de Santiago de outras rutas de interese.
O uso previsto será como albergue turístico-xuvenil que se ofrecerá de forma gratuíta. A maiores servirá para realizar campamentos xuvenís e intercambios culturais con outros concellos e entidades.
O albergue permanecerá aberto en tempada de verán e tamén en momentos puntuais segundo se realicen intercambios xuvenís ou culturais con outros concellos e entidades.
Promotor: Concello de Noia
Investimento: 479.064,65 €
Axuda Pública: 129.044,60 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: A Chaínza – Santa María do Obre (Concello de Noia)