
O proxecto nace da idea da rehabilitación e posta en valor dunha casa tradicional e as súas edificación anexas, das que destaca un fermoso hórreo tradicional, co obxecto de crear un establecemento de turismo rural.
No volume anexo, plantexase na planta baixa unha piscina climatizada interior cunha pequena zona diferenciada de spa e un espazo destinado a masaxes comunicado en dobre altura co espazo da propia piscina. No seu conxunto preténdese que estes equipamentos xeren unha oferta diferenciadora para o establecemento e ademais centrada no turismo de saúde, un concepto de turismo de valor engadido e sensible cos valores sociais.
Para a rehabilitación das edificacións primarán criterios de sustentabilidade, implementando fontes de enerxía renovable, técnicas eficientes de baixo consumo enerxético e un sistema de aforro de auga.
Promotor: Noelia Freire Rodríguez.
Investimento: 366.252,29 euros.
Axuda pública: 170.307,31 euros.
Consolidación de emprego (UTAS): 0.
Creación de emprego (UTAS): 1.
Lugar: Catasueiro, no Concello de Outes.