A Asociación Agadea adquiriu un novo vehículo que permite trasladar aos usuarios da zona rural do concello á Aula de Estimulación Integral emprazada no núcleo urbano da cidade de Ribeira, para mellorar a accesibilidade das persoas con demencias tipo alzheimer ou outras demencias neurodexenerativas das zonas rurais de Ribeira e arredores.
Promotor: AGADEA. Asociación Galega para a axuda dos enfermos de alzheimer
Investimento: 29.134,30 €
Axuda Pública: 17.771,92 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: Ribeira (Concello de Ribeira)