A Asociación Ambar, conta, na parroquia de Carreira, concello de Ribeira, co Centro de Recursos da Barbanza, onde se aglutinan distintos servizos: Centros de Atención Diúrna (Centro de Día e Centro Ocupacional) e a OIGO (Oficina para a Igualdade de Oportunidades de Persoas con Diversidade Funcional). A entidade, a través deste proxecto, pretende a creación dun xardín sensorial no entorno do Centro de Atención Diúrna. Unha zona verde onde as plantas e elementos están deseñados para crear estímulos sensoriais táctiles, visuais, auditivos, olfactivos e gustativos.
Con esta iniciativa pretenden complementar a área de estimulación que xa veñen desenvolvendo dentro dos Servizos de Atención Diúrna.
Promotor: ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Investimento: 31.378,05 €
Axuda Pública: 21.595,88 €
Consolidación de emprego (UTAS): 18,36
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: Carreira (Concello de Ribeira)