O proxecto consiste na adquisición de equipamento coa última tecnoloxía que permitirá ampliar os produtos que se ofrecen, mellorar a produción, reducir os erros e a mellora na calidade dos traballos.
O promotor da empresa adopta este proxecto para ampliar así a súa actividade, na liña de elaborados metálicos, que incluirá especialmente a elaboración de construcións metálicas para todo tipo de cerramento en aluminio.
O proceso produtivo que se implanta por esta empresa, aproveita maquinaria con eficiencia enerxética e enerxías limpas. Segundo informe aportado, coa adquisición da maquinaria vaise mellorar a produción nunha cantidade superior ao 25% da actual.
Promotor: Alecar Ventanas, SL.
Investimento: 555.740,00 euros.
Axuda pública: 96.465,41 euros.
Consolidación de emprego: (UTAS): 5.
Creación de emprego: (UTAS): 1.
Lugar: San Xoán de Roo. Concello de Outes.