
O promotor proxecta instalar un novo servizo no concello de Noia, consistente nun forno crematorio. Un servizo inexistente no concello e comarca. A empresa pretende atender á súa demanda evitando desprazar aos usuarios a Santiago de Compostela.
O proxecto consiste na adecuación dos espazos xa reservados no tanatorio do Concello de Noia e a instalación do forno crematorio.
Promotor: GRUPO FERNÁNDEZ & COLLAZO, SL
Investimento: 186.416,64 €
Axuda Pública: 56.253,09 €
Consolidación de emprego (UTAS): 5,23
Creación de emprego (UTAS): 1
Lugar: A Rasa de Abaixo (concello de Noia)