O proxecto contempla o acondicionamento e valorización do xacemento arqueolóxico CASTELO DA LÚA, para o que se deseñou un programa de actuacións que pretende descubrir, restaurar e estudar o recinto localizado na península na que se asenta.
Non pretende a excavación de novas áreas senón a RESTAURACIÓN E TRATAMENTO das estruturas xa visibles empregando restos pétreos pertencentes ao Castelo, exhumados nas intervencións arqueolóxicas realizadas e dispostos nunha parcela anexa, para o que se requirirá dun control arqueolóxico, así como da recollida de datos, emisión de informes e tratamento informático dos mesmos.
Promotor: Concello de Rianxo
Investimento: 205.478,56 €
Axuda Pública: 154.725,34 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: Pazo, parroquia de Santa Comba de Rianxo (Concello de Rianxo)