
O proxecto consiste na creación dunha área didáctica en terreos de CMVMC “O FIEITOSO” en Taragoña, dedicada a dar a coñecer os distintos usos e aproveitamentos que ofrece o monte veciñal, máis alá da simple explotación madeireira, abarcando dende a gandería, a micoloxía, a apicultura, a resiñería e a produción de castaña, ao tempo que se fomenta o uso sociocultural e de lecer.
Contémplase o acondicionamento, delimitación e sinalización das zonas cos diferentes usos a través da instalación de paneis informativos.
Para amosar o uso de actividade gandeira, adecuarase un inmoble como establo de rebaño de cabuxas e realizarase un peche cinexético para delimitar o espazo.
O proxecto está dirixido basicamente a escolares de educación infantil, primaria e secundaria. Nas inmediacións da parcela a acondicionar atópase o CEIP Brea Segade. Empregaranse as instalacións do CEIP para explicar aos visitantes os diferentes usos do monte, que se complementará coa visita ao monte.
As visitas serán gratuítas. Cabe a posibilidade de realizar visitas guiadas, que haberá que concertar previamente coa CMVMC.
O obxectivo principal é o uso e a ocupación do monte veciñal, alternativo á explotación forestal contribuíndo á súa conservación, así como á prevención de lumes.
Promotor: COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN “O FIEITOSO”
Investimento: 32.000,00 €
Axuda Pública: 4.123,26 €
Consolidación de emprego (UTAS): 0
Creación de emprego (UTAS): 0
Lugar: Taragoña (Concello de Rianxo)