Creación dun xardín sensorial para promover o desenrolo cognitivo e psicomotriz das persoas con diversidade funcional intelectual

A Asociación Ambar, conta, na parroquia de Carreira, concello de Ribeira, co Centro de Recursos da Barbanza, onde se aglutinan distintos servizos: Centros de Atención Diúrna (Centro de Día e Centro Ocupacional) e a OIGO (Oficina para a Igualdade de Oportunidades de Persoas con Diversidade Funcional). A entidade, a través deste proxecto, pretende a creación dun xardín sensorial no entorno do Centro de Atención Diúrna…

CASA DA MOCIDADE

O proxecto consiste na creación da “Casa da mocidade-fab lab” da Pobra do Caramiñal. Coa intención de crear un espazo destinado ao ocio da mocidade e á súa formación, así como á realización de actividades de todo tipo, de índole socio-cultural ou formativo, que repercutan positivamente na súa integración social.

Creación Casa Pumar

HOTEL PUMAR, poñerase en funcionamento con 2 estrelas de categoría e 24 prazas dispoñibles. Nun entorno rural tradicional de gran valor paisaxístico, vanse xerar novas arquitecturas que convivan e poñan en valor as existentes. Realizarase buscando o equilibrio entre os espazos comúns e de relación, con xardíns arbóreos tradicionais e froiteiras. Os espazos aloxativos disporán…

Escavación e posta en valor da “Muralla” do recinto superior do Castro da Cidá (Riveira)

Adecuación dunha parte do xacemento arqueolóxico do Castro da Cidá, que se corresponde coa muralla que pecha o recinto mais elevado do castro. O que se trata é de crear un espazo divulgativo que interprete o sitio (posta en valor) permitindo aos cidadáns o desenvolvemento de actividades relacionadas co turismo e ocio cultural. Promotor: Concello…

Pensión da natureza

O proxecto consiste na creación dunha pensión da natureza, que seguirá para a súa construción principios medioambientais e ecolóxicos. Estará integrada por catro aloxamentos, que albergaran dez prazas de aloxamento. Ao mesmo tempo, a Pensión da Natureza, en convenio con empresas de turismo activo da zona, ofrecerá actividades de lecer e de coñecemento, como poden…