Construción dunha nave calefactada, anexa á nave actual e a compra dunha máquina para a fabricación en Galicia de vigas laminadas de pino galego, castaño e mixtas. Esta nave emprazarase na nova construción. O proceso produtivo consiste no aproveitamento de restos de madeira para ensamblalos e laminalos para crear vigas estruturais.
Promotor: EXFOPINO, S.L.
Investimento: 421.840,16 €
Axuda Pública: 171.811,54 €
Consolidación de emprego (UTAS): 10,95
Creación de emprego (UTAS): 2
Lugar: Rois (Concello de Rois)